GMH/ÍNDICE A-Z

1138
1460, agosto, 14 xoves. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de San Martiño e a dúas voces a metade do muíño de Galegos por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 18 r. e v.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo per son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso probeyto et de nosos suçesores aforamos a vos Juan de Sant Martino, vezino desta çibdade de Lugo, et a outras duas personas despoys de vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquela persona que por vos for nomeada, et se non for nomeada persona que seia persona do dito foro aquela persona que herdar vosos beens de dereyto, ou a mayor parte delles, et asi das outras personas; a meetade do moyno de sub Galegos, chamado de Pedro Ferrnandes, que he dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, et a outra meetade he da priora et donas do Mosteyro de Santa Maria a Noba da dita çibdade de Lugo, con todas suas entradas et saydas et agoas vertes et jures et pertenenças, segundo que el a nos perteesçe et a os ditos aniversarios, a tal pleyto et condiçon que vos et as ditas personas, que despoys de vos suçederen en o dito foro, tenades o dito moyno cuberto et lebantado et ben reparado et moente; et dedes del de foro, en cada hun ano, vos et as ditas personas des et oyto maravedis de longos por dia de Sant Martino de novembre a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, postos en pas et en salvo en esta dicta çibdade de Lugo, et que non seiades contra nos en alguna maneyra, et se contra nos fordes que por ese mesmo feyto pergades este dicto foro, et mays con condiçon que cada huna das personas que despoys de vos suçederen en o dito foro que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo siguentes se vena mostrar seer foreyra do dito foro en cabidoo, et se o asi non feser que por ese mesmo feyto perga o dito foro; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que o dito moyno fique libre et desenbargado a nos, o dito cabidoo, et a os ditos aniversarios cuberto et levantado et [...] et ben reparado con todos los boos paramentos que en el foren feytos.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas de foro por lo notario juso escripto anbas en hun thenor huna para vos, o dito Juan de Sant Martino, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores et por mayor firmeza mandamos seellar a vosa carta con noso seello pendente.

Que foy feyta et outorgada en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia joves, quatorse dias do mes de agosto, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta anos.

Testigos que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea; et Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Gonçalvo Rodrigues de Parrega, thesoreyro; Rodrigo Afonso, Juan Vidal, Diego Ferrnandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parrega, Pedro Martines, et Pedro Ferrnandes de Mera, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita ciudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia dese lugar, a todo o suso contiudo con os ditos testigos presente foy et esta carta de foro per outro fige escrivir seendo eu ocupado de outros negoçios et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal. Rogado et requerido.