GMH/ÍNDICE A-Z

925
1416, febreiro, 19. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso López e a dúas voces o lugar de Astariz na freguesía de San Vicenzo de Veral, polo que han de pagar como renda dez marabedís anuais.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 116 r.


       

Sabeam todos como nos as persoas, coengos, benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, con outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo da dita iglesia de Lugo et rendeyro prinçipal dos aniversarios dela, que esta presente et outorgante, avendo primeyramento sobre elo noso consello et deliberaçon, et veendo et entendendo que he noso proveyto et de nosos suçesores, damos aforo et avervo a vos Afonso Lopes, mercador, morador en a çiudade de Lugo en a rua da Cruz, et a outras duas persoas despoys de voso finamento, huna qual vos nomeardes et outra qual nomear aquela persoa que por vos for nomeada, o noso lugar de Astariz, que he dos ditos aniversarios, con todas suas herdades et arvores et formaes et entradas et seydas et montes et prados et pascos et dereyturas et pertenenças, segundo perteesçe a os ditos aniversarios, o qual he sub signo de San Viçenço de Deral; a a tal pleito et condiçon que vos lavredes et paredes ben as herdades do dito lugar et as tiredes de monte aquelas que en el jasen, tirando os outros da dita fiigresia de Astariz, et as tenades lavradas et en boo paramento; et dedes et paguedes de foro ut penson en cada hun ano a o dito Lopo Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for moordomo et rendeyro dos ditos aniversarios por la dita iglesia de Lugo, vos o dito Afonso Lopes et as ditas persoas dez moravedis de longos, de dez dineiros novees cada moravedi, cada ano por dia de San Martino de novembro, et que os paguedes en paz et en salvo en a çiudade de Lugo en a moneda que se pagaren os outros foros dos ditos aniversarios. Et a finamento da pustrimeyra persoa que suçeder en o dito foro que leyxedes as ditas herdades tiradas de monte et lavradas et ben reparadas a a dita iglesia de Lugo cuias son, con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito Afonso Lopes, que presente estou por min et por las ditas persoas asy reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, que me fasedes do dito lugar et herdades de Astariz, et obligo meus bees et seus de o comprirmos, pagarmos et atendermos, segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito cabidoo, asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso scripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para nos o dito cabidoo et outra para vos o dito Afonso Lopes et para as ditas persoas.

Que foy feyto et outorgado todo esto en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, dez et nove dias do mes de febreiro, ano do naçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et dez et seys anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron esto que dito he: don Afonso Lopes, chantre de Lugo; et Afonso Ares das Cortinas, arçidiago de Deçon; et Rodrigo Afonso, juys de Lugo; Roy Lopes, Lopo Ferrnandes, Rodrigo Ares, Johan Lopes, Afonso Teyxeyro, Fernando Rodrigues, coengos da dita iglesia; Pedro Ferrnandes, Fernando Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Fernando Rodrigues, raçoeyros; Rodrigo Yanes, sineyro, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente fuy et este publico instromento scripvi et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).