GMH/ÍNDICE A-Z

346
1336, outubro, 4. Lugo
Fernando Fernández e Gómez Pais, procuradores da obra da ponte de Lugo, véndenlle ao Cabido media casa nesta cidade por 75 marabedís.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 10r.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Fernandes de Bollanno, frayre da orden de San Françisco, et Gomes Pellaes da Crus, procuradores da obra da Ponte de Lugo, que esta enno rio Minno, con outorgamento de don Pedro Roys, archidiago de Deçon et vigario geeral do onrrado padre et sennor don Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, en nome et en vos da dita obra da Ponte de Lugo, de boa livre voontade vendemos para senpre a vos, o cabidoo da iglesia de Lugo, a meatade de huna casa que he enna çiudade de Lugo na rua que vay para as Kalendas, que esta cabo as casas altas que foron de don Iohan Longo, thesoreyro que foy, a qual casa foy de Domingo Peres, dito alguaçil, que mandou a obra da dita Ponte de Lugo, da qual casa a outra meatade he de vos o dito cabidoo. A qual meatade da dita casa vos vendemos con todas suas dereyturas et pertenenças et iures et agoas vertes et con los alugeyros que della deven do tempo passado at’aqui. Et reçebemos de vos en preço por esta vençon setaenta et çinquo moravedis, d’oyto soldos o moravedi, desta moneda del rey don Affonso, de que nos outorgamos por entregos et ben pagados et en nosso iur et en nosso iur (sic) et en nosso poder son passados do vosso en presença do notario et das testemoyas subscriptas, et renunçiamos a exçepçon do aver non contado. Et os quaes moravedis sobreditos de vos reçebemos para os meter enno lavor et obra da dita Ponte, et obligamos os bees da obra da dita Ponte para vos faser senpre esta vençon de pas. Et logo por esta carta vos metemos no iur et a a possisson et propiedade da meatade da dita casa por la vençon que vos della façemos. Et des oie mays este dia vos et vossos successores avedea senpre en pas.

Feyta a carta da vençon en Lugo enno thesouro da dita iglesia quatro dias d’outubre, era de mill et CCC LXXª et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Fernan de Deus, chantre de Lugo; don Alvar Dias, archidiago de Sarria; don Pedro Iacome, iuys; don Aras Pellaes, thesoreyro; Iohan Gomes et Affonso Eanes, raçoeyros de Lugo; Françisco Guilelmes, sanchristan; Pedro Migueles, Affonso Eanes, Pedro Ferrnandes, clerigos do choro de Lugo ts., et outros.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo dado pella auctoridade do bispo desse miismo lugar, a esto commo dito he con as testemoyas sobreditas chamado et rogado presente foy et a rogo dos sobreditos Gomes Pellaes et frey Fernando, procuradores sobreditos, esta carta por mina propia esrivi en este livro do cabidoo sobredito et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.