GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

111
1315, outubro, 6
venda

Mestre Macía, tesoureiro, e Aldonza Rodríguez, moradora na rúa da Cruz do Centeo, véndenlle a Xoana Núñez, todo o seu dereito sobre unhas casas sitas no Tendal, na rúa de Cima de Vila, por 5000 mrs.



ACOu, Escrituras XII, 10

(...) de deus amen. Sabeam quantos esta carta virem que nos meestre Maçia tesoureyro d’Ourense et Aldonça Rodrigues desse lugar moradeyra enna rua da Cruz do Çenteo, presente meu marido Domingo Peres alfayate e outorgante, por nos e por toda nossa voz vendemos e outorgamos por esta carta a Johanna Nuñez filla de Costança Eanes dita Farina outro(ssy ...) de Ourense, todo quanto dereyto, voz, quiñon, jur, seno(rio ... propi)adade nos anbos e cadaun de nos avemos e nos pert(eençe ...)isa e por qual quer razon en hunas casas con entradas (...) todos seus dereitos e perteenças, que estan en Ourense enna rua de Çima de Vila hu chaman o Tendal, as quaes estan ontrelas outras casas que foron da sobredita Costança Eanes e de seu padre Johan Fariña da huna parte et as casas que (...) de Johan Eanes dito de Toen en que ora mora Affonso Domingues (...) parte, et entestan en çima ... do moesteiro de Sam Françisco (...) as portas e veen ferir en fondo enna rua publica, as quaes casas (...) Pero Eanes dito Perequino çidadao que foy de Ourense, criado de D(... Pere)quino. Que a dita Johanna Nuñez aia e pessuya todo o quiñon, propiada(de ...) e voz e possissom que nos e cadaun de nos avemos e nos per(teençe ...) casas sobreditas por tal condiçon que se esta Johanna Nuñez mo(rrer sen) ydade liidema ou sen seme que fiquen as cousas sobreditas a sua y(...) Nuñez filla da dita Costança Eanes criada de Lourenço Eanes (...) dita Sancha Nuñez outrossy morrer sen ydade liidema ou sen seme que fiquen (...) Nuñez seu yrmao delas, fillo da sobredita Costança Eanes, et se aynda (este) Lopo Nuñes morrer sen ydade liidema e sen seme que o dereito, voz, jur, quiñon, senorio, possissom e propiadade que nos e cadaun de nos avemos e nos perteençe nas ditas casas fique a Johan Nuñes yrmao destes sobreditos e se aynda este Johan Nuñez morrer sen seme liidema e sen ydade que fiquen e se tornen a noso señor dom Gonçalvo pela graça de deus bispo d’Ourense ou aa capela que el ordinar. Et se non ordinar capela que fiquen e se tornen aly hu ficaren os outros beens e ereença do dito señor obispo. Ca outorgamos que reçebemos de parte da sobredita Johanna Nuñez en presença do notario e tests. suescritas ben e conpridamente todo aquel preço que a vos aprouvo, conven a saber çinqo mill mor. da moeda portuguesa que agora corre de que contan des e seys pares de diñeiros novos por tres mor. Et logo todo jur, voz, dereito, senorio, quiñon, possissom, propiadade que nos e cadaun de nos avemos e nos perteençe nas ditas casas todo o tollemos de nos e de toda nossa voz e per esta carta poemos a dita Johanna Nuñez e os sobreditos pelas ditas condiçoens en corporal possisson delas para senpre por esta carta, en tal guisa que eles e cadaun deles e sua voz que se deffendan e anparen per si e per sua custa de quen quer que lles as ditas casas e vendiçon ou parte delas demandar ou enbargar en qual quer guisa et non seian tiudos de chamar a nos nen a nossa voz que os anparemos, et nos nen nossa voz non seiamos obrigados nen tiudos de os deffender nen anparar en ninhuna guisa. Et quen quer que contra esta vendiçon veer aia a yra de deus e a nossa maldiçon e quanto demandar peyteo a cadaun dos sobreditos e a sua vos dobrado e aa vos del rey mill mor. da boa moeda de pena e esta carta fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, seys dias de oytubro, era de mill e ccc e liii annos. Tests. que a esto presentes foron Pero Nuñes e Johan Moogo clerigos do coro d’Ourense, Lourenço Eanes Çeleiroo, Pero M(artines) dito Escudeiro çidadaos desse lugar e Domingo Martines dito Calvo ferreiro, Johan Peres dito Bretelo e Martin Domingues ommes do dito tesoureiro.

Et eu Affonso Eanes notario jurado en Ourense por nosso señor o bispo e pola ygleia desse lugar que a esto chamado presente foy por mandado e (outori)dade de don Bertholameu Peres chantre e chançeler da igleia de Ourense e en myna pre(sença) o fige todo escrivir e meu signal y puge en testimoyo de verdade (que) atal est.

(sinal)