GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1102
1456, febreiro, 13. Lugo

O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua a Pedro Fernández un terreo edificable na cidade, freguesía de San Pedro, por renda anual de oito marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 9 r. e v.

Sabean quantos esta carta viren como nos o cabidoo da yglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campana tangida, segundo avemos de uso et de custume, dentro en a dita yglesia açerca da porta por dondo soben a os orgoos da dita iglesia entendendo que fazemos noso proveyto et de nosos suçesores damos a pensyon et por nonme de pension a vos Pedro Fernandes, carpenteyro, vesino desta çiudade de Lugo, por vos et por vosos erdeyros et suçesores huna praça de casa que he dos aniversarios da dita yglesia de Lugo, que ias en a çiudade de Lugo sub o signo da Capela de Sant Pedro, a abayxo do Canpo cabo das casas de Fernan das Camoyras en que el ora mora da huna parte, et da outra parte ias en par cabo de outra praça de casa de vos o dito Pedro Fernandes, carpenteyro, de que vos devedes de pension en cada hun ano, a os ditos aniversarios, çinco maravedis, a qual dita praça de casa vos damos a pension, segundo dito he, por jur de erdade para senpre con todos seus dereytos et jures et pertenenças et seydas et entradas et poço et usos que ha de aver de dereyto et de feyto, segundo et en a maneyra que ella perteeçe a os ditos aniversarios et a nos por rason delles, de maneyra que vos et vosos erdeyros, que deçenderen de vos, et os que suçederen en a dita praça et casa que en ela for feyta posades aver et teer a dita praça et faser della et en ella o que quiserdes ben asi como de vosa cousa propia salvo que a non posades dar nen vender a yglesia, nen a moesteyro, nen a outro lugar religioso salvo a a dita iglesia de Lugo, et se a quiserdes vender vos, ou vosos suçesores que suçederen en o dereyto dela, a outra persona ou personas que façades et façan a saber a nos, o dito cabidoo, ou a nosos suçesores primeyramente donde a avedes et reçebedes et se o dito cabidoo quiser dar tanto por ella como outro que seiades et seian tiudos della dar. A qual dita praça de casa vos damos et outorgamos a pension, segundo dito he, a a tal pleito et condiçion que façades en ela casa, et dedes vos et os ditos vosos suçesores de pension por ela en cada un ano, a o rendeyro et colledor dos ditos aniversarios, oyto maravedis de (sic)  en a moneda que se pagaren as outras rendas dos ditos aniversarios postos en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo por dia de Sant Martino de novembre, et çesando de pagar a dita pension por tres anos vos, ou os ditos vosos suçesores et erdeyros que suçederen en o dereyto da dita praça et casa que en ela for feyta, que por ese mismo feyto pergades a dita praça et casa que en ella for feyta.

Et eu, o dito Pedro Ferrnandes, que presente estou asi reçebo a dita praça de vos, o dito cabidoo, para min et para os ditos meus suçesores et erdeyros por los modos, maneyras et condiçoes sobreditos, et obligo a min et a meus beens presentes et futuros et dos ditos meus suçesores, que suçederen en o dereyto da dita praça et casa que en ella for feyta, de teer, conprir et gardar et pagar todo ho suso contiudo segundo en esta carta se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et reçebemos a dita obligaçion et porque seia çerto outorgamos et mandamos delo faser duas cartas por lo notario iuso escripto anbas en un tenor huna para vos, o dito Pedro Fernandes, et vosos erdeyros et suçesores et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçesores [...].