GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

141

1420, marzo, 27.
O Concello nomea procuradores polo prazo dun ano a Nuño González Vinagre e Juan Raposo.
Fernan Ares Xarpa, declara ter recibido 1920 maravedís, dos marcos que ten por mercede do monarca.
Carta do Rei comunicando que facía toma dos fieis e colledores das alcabalas da cidade de Santiago de 20 mil maravedís, sobre as fieldades que se citan.

Quarta feira, viinte e sete dias do mes de março, este dito dia seendo o conçello, alcalles, jurados, regidores e omes bõos da cidade de Santiago juntados enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade presentes ende Juan Fernandes Abril e Vaasco Peres Aril, alcalles e Martin Serpe e Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Gomes Rodriges, bachiller, Martin Galos e Afonso Fernandes Abril e Juan Ares da Cana, jurados e regidores enna dita çidade e Pero Leal e Juan Fernandes, ferreiro, e Goncalvo Yanes, mercador, en presença de min o dito Rui Martines, notario e das testemoyas adeante escriptas, enton o dito conçello, alcalles e regidores sobreditos diseron que fasian e feseron por seus procuradores doje este dia ata hũu anno seginte a Nuno Gonçalves Vinagre e Juan Raposo, canbeador, vesiños da dita çidade, que presentes estavan aos quaes deron poder conprido para que en nome do dito conçello podesen demandar, reçeber e acadar todas las contias de maravedis e dineiros e outras quaesquer cousas que ao dito conçello devian e fosen devidos este dito anno en qualquer maneira e por qualquer rason e dar carta e cartas de pago do que reçebesen e acadasen e geeralmente os fasian procuradores en todos los pleitos e negocios do dito conçello movidos e por mover e para faser frontas e requerimentos e protestaçoes e todos los outros autos perteescentes a o dito conçello. Testemoyas. Fernan Ares Xarpa, Alvaro Gil e Juan Garcia de Vilarente e Garcia Rodriges, canbeador, vesiños da dita cidade.
Se se sacar esta procuraçon hase de notar por la nota de procuraçon dos que foron procuradores os annos pasados.
Predito. Sabean quantos esta carta viren como eu Fernan Ares Xarpa çidadão de Santiago outorgo e conosco que reçebi de vos Garcia Rodriges, canbeador, procurador que fostes do conçello da dita çidade o anno pasado de mill e quatroçentos e des e nove annos, mill e noveçentos e viinte maravedis, contando branqua en tres dineiros dos marquos de noso señor el rey, os quaes morabedis eu teño en merçed en cada anno do dito señor rey e os (ouve) de aver da dita merçed o dito ano pasado e renunçio a toda exepçon que non diga delo o contrario e aa ley do aver non dado e contado e pagado visto nen reçebido en presença do notario etc. e a ley que dis que se pode opoer esta exepçon e que se feso a confeson so asperança de paga e renunçio aas leis que disen que as ditas exepções se poden opoer ata certos tenpos e dou delo por quito e livre para senpre a vos o dito Garcia Rodriges en nome do dito conçello. E eu o dito Garcia Rodriges que presente soo asi o reçebo Testemoyas que foron presentes: Martin Serpe,Juan Ares da Cana e Fernan Gonçales do Preguntoiro e Alvaro Alonso Juliate, jurados da dita çidade:
(Fol. 75)
Predito. O dito conçello, alcalles e regidores susoditos mandaron aos ditos alcalles que costrengesen e apremeasen aos moradores enna colaçon de Santo Andre que desen e pagasen a o bachiller Gomes Rodriges triinta e nove maravedis e medio contando banqua a tres dineiros, que o dito bachiller pagara por Garcia Rodriges e Maria de Corvelle, sua moller, os quaes maravedis ouveran de sẽer descontados a os sobreditos da renda en que foron repartidos o anno pasado. Testemoyas, os sobreditos.
Predito. Seendo o conçello, alcalles e regidores e omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade segundo que han de uso e de costume, presentes ende Juan Fernandes Abril e Vaasco Peres Abril, alcalles, Martin Serpe e Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçales do Preguntoiro, Gomes Rodriges, bachiller Martin Galos e Juan Ares da Cana, regidores, jurados enna dita çidade e Pero Leal, Juan Fernandes, ferreiro, e Gonçalvo Yanes do Escurelo e Juan Agulla, correeiro, vesiños da dita çidade e en presença de min o dito Rui Martines, notario e dos testemoyas adeante escriptos, pareçeu enno dito conçello Juan Sanches, juis da vila de Noya e recabdador de noso señor o arçobispo de Santiago e presentou enno dito conçello e feso leer por min o dito notario hũa carta de toma do dito señor arçobispo escripta en papel e firmada de seu nome e seelada de seu seelo ennas espaldas posto sobre çera colorada da qual seu thenor he este que se sigue:  
Nos el arçobispo de Santiago, capellan mayor de nuestro señor el rey e su notario mayor del  reino de Leon e oydor de la su Audiençia, por rason que nos avemos de aver çiertos maravedis de nuestro señor el rey en este anno de mill e quatroçientos e veynte annos, de los quales fasta aqui non nos es fecho libramiento alguno e por quanto al presente estamos en menester para cunplir e faser algunas cosas que cunplen a serviçio de nuestro señor el rey e atreviendonos a la su merçed otorgamos e conoçemos que tomamos e fasemos toma de vos los fieles e cogedores de las alcavalas de la nuestra çibdad de Santiago deste anno de mill e quatroçientos e vinte annos de quantia de veynte mill maravedis de moeda blanqua, en çinquo dineros, en esta guisa: de vos los fieles e cogedores del alcavala del pan quinientos maravedis; de vos lo fieles  e cogedores del alcavala del vino nueve mill e tresientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala de la carne dos mill e quatroçientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala del pescado mill e ocoçientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala de los paños dos mill e quatroçientos maravedis, de vos los fieles cogedores de la alcavala de la çapateria mill maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala del gros, quinientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala de salvagina, seteçientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala del fierro seisçientos maravedis; de vos los fieles e cogedores de la alcavala de la fruta dusientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del alcavala de la çera tresientos maravedis; de vos los fieles e cogedores del //
(Fol. 75 vº)
alcavala de la madera tresientos maravedis. Asi conplidos los dichos veynte mill maravedis con los quales vos mandamos que recudades e fagades recudir a Juan Sanches, jues de Noya que los ha de aver e de recabdar por nos e tomad su carta de pago e con ella e con esta nuestra carta nos otorgamos dellos por pagado e por esta nuestra carta mandamos a vos el conçejo e alcalles e omes buenos de la dicha nuestra çibdad de Santiago que los costringades e apremiedes para que den e pagen luego los dichos maravedis al dicho Juan Sanches segund dicho es e non fagades ende al so pena de la nuestra merçed e de seisçientos maravedis a cada uno para la nuestra camara e por esta nuestra carta rogamos a los contadores e recabdadores de nuestro señor el rey que reçiban e fagan reçebir en cuenta a vos los dichos fieles e arrendadores los dichos veynte mill maravedis de la dicha moeda e los descuenten a nos de qualesquier maravedis que nos avemos o ayamos de aver del dicho señor rey este dicho anno e porque desto seades çiertos dimosle ende esta nuestra carta de toma firmada de nuestro nonbre e sellada de nuestro sello. Dada en (blanco) dias del mes (en blanco) anno del Naçimento del Nuestro Señor Ihesu Christo de mill e quatrocientos e veynte annos. Lupus, archiepiscopus Compostellanus.
A qual dita carta de toma presentada e liuda, o dito Juan Sanches frontou e requirio ao dito conçello e alcalles, regidores e jurados sobreditos que fesesen repartir os maravedis contiudos enna dita carta ennas alcavalas de dita çidade segundo que enna dita carta era declarado e quellos fesesen logo dar e pagar segundo que o dito senor arçobispo lles mandava. E o dito conçello, alcalles, regidores, jurados e omes bõos diseron que obedeçian aa dita carta do dito señor arçobispo con a reverençia que devyan e por quanto non podian resistir nen contradizer seu mandado, por quanto era seu seu señor, por ende que mandavan e mandaron da parte do dito señor arçobispo a os fiẽes que eran postos ennas rendas enna dita carta contiudas e declaradas que repartisen os ditos maravedis contiudos enna dita carta ennas ditas rendas segundo que enna dita carta de toma era declarado e que recodisen con os maravedis en ela contiudos ao dito Juan Sanches, segundo que o dito señor arçobispo mandava por la dita sua carta e que quando fezesen paga dos ditos maravedis que reçebesen en sy a dita carta de toma original e tomasen carta de pago do dito Juan Sanches en como lle fasian paga dos ditos maravedis e outrosy que mandavan aos ditos alcalles que costrengesen aos fiẽes que eran postos ennas ditas rendas que pagasen os maravedis contiudos enna dita carta ao dito Juan Sanches segundo que enna dita carta se contiiña e desto e como pasou o dito Juan Sanches pedio a min o dito notario testemoyo para garda do seu dereito. Esto foy enno dito lugar, anno, dia e mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes Fernan Ares Xarpa e Alvar Gil e Iohan Garçia de Vilarente e Juan Raposo e Nuno Vinagre e Garçia Rodriges canbeadores visiños da dita çidade.- Ten Juan Fernandes Abril o original desta carta.
 

Materias

alcabala; alimentos; branca; calzado; cámara arcebispal; carne; cera; diñeiros; esposo; familia; ferro; fiel; fisco; froita; libramento; madeira; manual; marabedí; marabedí; mercé; muller; nomeamento; pagamento; pan; pano; papel; pedidos; peixe; poder; recadador; recudimento; rei; rei; repartimento; requirimento; rexistro; rexistro; selo; veciñanza; viño; xustiza; notaría

Persoas

Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Álvaro Xil; Fernando Ares Serpe; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; García Rodríguez do Preguntoiro, cambiador e procurador do concello Santiago de Compostela; García Rodríguez do Vilar; García Rodríguez do Vilar; Gómez Rodríguez, bacharel e rexedor de Santiago de Compostela; Gonzalo Eáns do Escurelo, mercador; Lope de Mendoza, arcebispo de Santiago de Compostela; María Fernández de Corvelle; Martiño Galos, rexedor de Santiago de Compostela; Martiño Serpe, rexedor de Santiago de Compostela; Nuño González Vinagre, procurador do concello Santiago de Compostela; Pedro Leal; Vasco Pérez Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Agulla, correeiro; Xoán Ares da Cana, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán Fernández Abril, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán Fernández, ferreiro; Xoán García de Vilarente; Xoán Raposo, cambiador; Xoán Raposo, cambiador e procurador do concello Santiago de Compostela; Xoán Sánchez, xuíz de Noia e recadador; Roi Martínez de Carballido, notario público

Outros

Santiago de Compostela, concello

Lugares

León, reino; Noia; Santiago de Compostela