GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro do Concello de Santiago

62

1418, xaneiro, 4.
Nomeamento dos fieis das alcavalas do Rei.

Quatro dias do mes de janeiro. Sabean todos que seendo o conçello, alcalles, regidores et omes bõos da çidade de Santiago juntados por crida de anaffil enno moesteiro de San Paayo d’Ante Altares segundo que han de custume, presentes ende Martin Serpe et Juan Ares da Cana, Martin Galos, alcalles, Martin Serpe et Alvaro Afonso Juliate, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Afonso Fernandes Abril, Gomes Rodriges, bachiller en Decretos, regidores jurados enna dita çidade et en presença de min Rui Martines, notario publico jurado da dita çidade et dos testemoyas infra scriptos. Enton o dito conçello, alcalldes et regidores et omes bõos disseron que por quanto era ordenança de nosso señor el rey que os conçellos das çidades, vilas et lugares dos seus regnos et señorios posessen fiẽes en cada hũu anno por lo primeiro dia do mes de janeiro ennas suas rendas de alcavalas porque os ditos fiẽes desen conta con pago de todo o que rendesen as ditas rendas enno tenpo de suas fieldades aos arrendadores que arrendassem as ditas rendas de alcavalas ou a aquel que ouvese de aver et recabdar por lo dito señor rey; por ende que eles en conprindo a dita ordenança do dito señor rey sobre esta rason feyta que poynan et poseron por fiẽes ennas rendas de alcavalas desta dita çidade et seu giro deste dito anno a estas personas que aquy dira: primeiramente. Iten poseron por fiẽes enna  alcavala do pan a Juan Falquon, alfayate et a Afonso Pinto 20, escrivan. Iten enna alcavala de viño a Rodrigo Eanes, criado de Ares Fernandes do Vilar et a Afonso Rodriges canbeador, criado de Juan Fernandes de Canas. Iten enna alcavala da carne a Johan Martines do Vilar et Vasquo do Cabo. Iten enna alcavala do pescado a Juan Duran et Pero Gomes do Feal. Iten enna alcavala da froyta Pero Gomes criado de Juan Aras et Garçia Eanes, canbeador. Iten enna alcavala da salvagina Jacome Gomes et Juan do Outeiro, canbeadores. Iten enna alcavala da grosura Fernan Peres, home de Fernan Ares et a Johan de Guisande. Iten enna alcavala da çapataria Afonso da Torre, capateiro et Gonçalvo do Castro. Iten enna alcavala da madeyra Gonçalvo de Millares, alfayate et Rui de Lamas. Iten enna alcavala do ferro Aras Chantreiro et Johan Garçia Nabeyro, canbeadores. Iten enna alcavala das bestas a Johan da Mella et Gomes de Castro. Iten enna alcavala da prata Afonso Fiel et Pero Cerviño, ourives. Iten enna alcavala da çera Gomes de Baltar et Rui Peres de Valadares. Iten enna alcavala de pedra et barro, Gomes Cochias. Iten enna alcavala de casas et herdades Gonçalvo de Millares, alfayate. Iten enna alcavala das aves Johan Fernandes do Escurelo et Johan de Millan, çapateiro. Iten (...) et nomeados asy os ditos fiẽes ennas ditas rendas de alcavalas segundo susso //
(Fol. 28)
he declarado o dito conçello, regidores et omes bõos sobreditos diseron que mandavan os ditos Johan Ares da Cana et Martin Galos, alcalles que eles ou cada hũu deles tomasen jura sobre Sanctos Avangeos por ante min o dito notario dos ditos fiẽes et de cada ũu deles que husassen ben et verdadeiramente das ditas fieldades e desen delas boa et verdadeiramente conta con pago aos arrendadores que arrendasen as ditas rendas de alcavalas este dito anno ou a aquel que o ouvese de aver por lo dito señor rey segundo que o dito señor rey mandava por seu caderno et cartas feyto en rason das ditas alcavalas et que mandavan que os ditos fiẽes non husasen das ditas fieldades a menos de faseren a dita jura. Esto foy enno dito lugar, anno, dia et mes sobreditos. Testemoyas que a esto foron presentes, Alvaro Gil et Pero Leyteiro, procuradores do dito conçello et Fernan Ares Xarpa, Vaasco Fernandes Troquo, Migell Rodriges Johan Aras Chentreiro, Juan Rodriges do Çiquelo, visiños da dita çidade.
Predito.- O dito conçello, justiças et omes bõos mandaron a min o dito notario que dese cartas acostumadas a os visiños da dita çidade. Testemoyas os sobreditos.
Predito.- O dito conçello, alcalles, regidores, jurados e et omes bõos, diseron que davan liçençia a Fernan Ares Xarpa et a Pero Eanes Abraldes, alcalles que foron enna dita çidade este anno pasado para que en termino de dous meses primeiros segintes podesen recabdar as dereituras et enprasos et quaesquer cousas que lles eran devidas et lles quedavan a dever por rason dos ditos ofiçios de alcaldyas o sobredito anno. Testemoyas: os sobreditos.
 
20 Á marxe: Ha de dar Afonso Pinto fiador et non o dando que non use da fieldade que.


Materias

alcabala; alfoz; alimentos; aves; bestas; calzado; carne; casa; cera; construción; débeda; Evanxeos; ferro; fianza; fisco; froita; gando; madeira; nomeamento; pan; pedra; peixe; prata; rei; rexistro; roupa; tributo; veciñanza; viño; xornal; xuramento; zapateiro; ordenanza

Persoas

Afonso Rodríguez, cambiador; Álvaro Afonso Xuliate, rexedor de Santiago de Compostela; Xoán Martínez do Vilar, fiel; Afonso da Torre, zapateiro e fiel; Afonso Fernández Abril, rexedor de Santiago de Compostela; Afonso Fiel, ourive e fiel; Afonso Pinto, escribán e fiel; Álvaro Xil, procurador do concello Santiago de Compostela; Ares Chantreiro, cambiador e fiel; Ares Fernández do Vilar; Fernando Ares Serpe, alcalde; Fernando Ares, fiel; Fernando González do Preguntoiro, rexedor de Santiago de Compostela; Fernando Pérez, home de Fernando Ares e fiel; Gómez Cochias, fiel; Gómez de Baltar, fiel; Gómez de Castro, fiel; Gómez Rodríguez, bacharel en decretos e rexedor de Santiago de Compostela; Gonzalo de Castro, fiel; Gonzalo de Millares, xastre e fiel; Gonzalo de Millares, xastre e fiel; Martiño Galos, alcalde de Santiago de Compostela; Miguel Rodríguez; Pedro Cerviño, ourive e fiel; Pedro Eáns Abraldes, alcalde; Pedro Gómez do Feal, fiel; Pedro Leiteiro, procurador do concello Santiago de Compostela; Roi de Lamas, fiel; Roi Eáns, criado e fiel; Roi Martínez de Carballido, notario público; Roi Pérez de Valadares, fiel; Vasco do Cabo, fiel; Vasco Fernández Troco; Xácome Gómez, cambiador e fiel; Xoán Ares Chantreiro; Xoán Ares da Cana, alcalde de Santiago de Compostela; Xoán da Mella, fiel; Xoán de Guisande, fiel; Xoán de Millán, zapateiro e fiel; Xoán do Outeiro, cambiador e fiel; Xoán Durán, fiel; Xoán Falcón, xastre; Xoán Fernández de Canas; Xoán Fernández do Escurelo, fiel; Xoán García Nabeiro, cambiador e fiel; Xoán Rodríguez do Sequelo; Martiño Serpe, rexedor de Santiago de Compostela

Outros

Santiago de Compostela, concello; San Paio de Antealtares

Lugares

Santiago de Compostela