(A XII dias de abril, en Ourense enno cabiidoo da dita eglesia, presentes ende en cabido e conçello, foy tomado testemoyo porlas personas do dito cabiidoo e conçello contra Martin Peres de Trella e Joan Garçia e Gonçalvo de Toen e Alvaro carniçeiro et Martin Anes e Lourenço Domingues e Afonso Fernandes e Fernando Branco e Afonso Peres et Pero Rodrigues e Joan de Deus e Joan de Çea e Joan Oveleiro e Martin Oveleiro carniçeiros, vesiños da dita çidade, que se obrigasen de dar
carne rasonavelmente a dita çidade, senon que protestavan que porlo dito anno non usasen do dito ofiçio e tomasen outros en seu nomme e que elles non matasen
carne (ne)huna en nehuna maneira, su as pennas que llas posesen etç. E elles deron deron en resposta que se non querian obrigar, salvo que proberian da dita
carne cada e quando que podesen, mays que se non querian obrigar etç. Et os ditos señores diseron que desian o que dito avian etç. Tests. Afonso Anes da Lagea, Afonso Anriques et Alvaro de Mira, Afonso Ares)*.