1389, maio, 12. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Xoán de Bosende e á súa muller e a unha voz
media casa na Porta de San Pedro por renda anual de 45 soldos.
Sabeam
quantos esta carta virem commo nos as persoas et coengos et omes boos
do cabidoo da iglesia de Santa Maria de Lugo estando juntados en
capitolo enno coro da dita iglesia por canpaa tanjuda, segundo que
avemos de uso et custume, con outorgamento de Fernan Peres, coengo de
Lugo, et vigario geeral de don Johan Afonso, dayam de Lugo, et de don
Rodrigo Affonso, arçidiago de Deça et rendeyro dos aniversarios da
dita iglesia de Lugo, afforamos a vos Johan de Boosende, ferreyro,
morador em Lugo a a Porta de San Pedro, et a vosa muller, Maria
Peres, et a huna persoa qual nomear o postrimeyro de vos, a meatade
da casa, que he dos ditos nosos aniversarios, que esta ena dita
çiudade de Lugo a a Porta de San Pedro enna qual vos os ditos Johan
de Boosende et Maria Peres, vosa muller, avedes a outra metade por
compra que della fesestes a Fernando do Rio; a qual casa de que vos
aforamos a dita meatade della esta entre huna casa de Jacome Açia,
carniçeyro, et d’outra de Estevoo Peres, ferreyro. Et vos et a
dita vosa muller et pesoa avedes a agisar a dita meatade da dita casa
do que ouver mester et manteerlla cuberta et en boo estado et
paramento; et avedes a dar cada anno por foro della vos et a dita
vosa muller et persoa quareenta et çinquo soldos a o rendeyro dos
ditos nosos aniversarios en pas et en salvo, segundo pagan os outros
foros das casas dos ditos aniversarios, et o tempo acabado de vos et
da dita vosa muller et persoa avedes a leyxar a dita meatade da dita
casa cuberta et feyta a os ditos aniversaios et cabidoo con todos los
boos paramentos que en ela foren feytos livre et quita et
desenbargada. Et eu o dito Johan de Boosende, ferreyro, que estou
presente por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo de
vos, o dito cabidoo, a dita meatade da dita casa enno dito foro, et
obligo min et meus bees et da dita mina muller et persoa para comprir
a vos, o dito cabidoo, todo o que se en esta carta conten. Et nos, o
dito cabidoo, asy vos outorgamos a dita meatade da dita casa enno
dito foro commo sobredito he. Et porque esto seia çerto nos las
ditas partes rogamos a Johan Lopes, notario publico de Lugo, que
fesese desto duas cartas en hun tenor huna para o dito cabidoo et
outra para o dito Johan de Boosende sellada con seello do dito
cabidoo.
Feyto
foy esto en Lugo, dose dias de mayo, anno do naçemento de noso
Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oytenta et nove annos.
Testigos que foron presentes: don Gonçalvo Yanes, chantres; o dito
don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; Arias Peres, arçidiago de
Deçon; don Gonçalvo Osores, arçidiago de Triacastella; don Diego
Gomes, thesoreyro; Afonso Ferrnandes, et Diego Alvares, et Arias
Ferrnandes, et Fernando Peres, et Afonso Rodrigues, coengos; Afonso
Eanes et Alvar Rodrigues, raçoeyros, ts., et outros.