GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Libro de Notas de Álvaro Afonso

213

abril, 17

Contrato de aprendizaxe entre os carpinteiros Pedro López e Afonso, polo cal este ponse ao servizo do primeiro durante dous anos e medio a cambio de roupa, a ensinanza do oficio e ferramenta unha vez cumprido o prazo. (fol. 68v)

Feito e dado.

Anno sobre dito, sabado des et sete dias do mes de abril, Afonso carpenteiro se atomou con Pero Lopes carpenteiro ao ofiçio de carpentaria, o qual se atomou con el doje ata dous annos e medeo primeiros sigentes con estas condiçoens, que este con el et que o serva et faça todo o que lle mandar o dito Pero Lopes que el posa faser et que o dito Pero Lopes por lo dito tenpo que lle día bragas et çapatos et camisas et roupa de bestyr de saya e capa aquelo que ouver mester por lo dito tenpo et segundo seu estado, et acabados os ditos dous annos et medeo que o dito Pero Lopes que o día ensignado rasonavelmente et que lle día mays ferramenta que seja rasonavel con que el labre + et do al que este con el por lo dito tenpo, para o qual anbos asy se obrigaron etç. Penna quiñentos mrs. etç. Tests. Joan de Cusanqa, Ares Fernandes alfayates, Joan do Bouteiro e outros + ale de dar mays huna capa e huna saya de pardo. ( fol. 68v)