GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

448
1343, xaneiro, 27
O bispo e o Cabido de Lugo intercambian con Arias Fernández e Maior Afonso unhas casas na rúa do Burgo Novo.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/17, perg. orix., galego, gótica cursiva, 290x144 mm.

Enno nome de Deus amen. Sabeam quantos esta carta viren commo nos don Iohan por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, con outorgamento do dayan et cabiidoo da nossa iglesia de Lugo, da huna parte, et eu Areas Fernandes de Lugo et mina muller Moor Affonso, da outra, façemos entre nos tal escanbea valledeyra para senpre, conven a saber que nos, o dito senor obispo, damos en escanbea a vos, o dito Aras Fernandes et Moor Affonso, para vos et para vossa vos para sepre iamays, huna cassa que he enna dita çiudade de Lugo enna rua de Burgo Novo, sub signo da cappella de Santiago de Lugo, que esta cabo a casa de vos Areas Ferrnandes et Moor Affonso, et vay topar de testa ennas cassas travessas de vos Aras Fernandes et Moor Affonso que estan contra o vosso vergeu da huna parte, et da outra parte esta cabo a casa dos aniverssarios en que an quinon os mallates, enna qual casa ora mora Iohan d’Aldvar, alffayate. A qual casa vos damos con todas suas dereyturas et pertenenças. Et nos Aras Fernandes et Moor Affonso damos et outorgamos en escanbeo a vos, o dito sennor obispo, por la dita casa outra casa que esta enna dita rua de Burgo Novo, a qual conpramos d’Affonso Migueles da Crus, que esta da huna parte cabo outra casa de vos, o dito sennor obispo, et da outra parte outra cassa en que ora mora Marina Grola, que he de Maria Peres, filla de Nicolao Peres, ferreyro; as quaes cassas son sub o dito signo da cappella de Santiago, et van ferir ennas ditas nossas cassas travessas; et vos damos con todas suas dereyturas et pertenenças.

Et nos as ditas partes outorgamos-nos estes escanbeos que nos damos huuns a outros, et obligamos nossos bees para nos lo faser senpre de pas por nos et por nossos sucçessores et prometemos de non viir contra esto huuns contra outros por ninguna maneira por nos nen por outren. Et logo por esta carta nos metemos huuns a outros enno iur et enna possisson et propriadade dos ditos escanbeos, et mandamos et outorgamos que d’aqui adeante faça cada huun de nos dos ditos escambeos toda sua voontade para senpre. Et por que esto seia çerto nos as ditas partes mandamos et rogamos a Iohan Sanches, notario publico de Lugo, que feçesse desto duas cartas en hun tenor tal huna commo outra. Et por mayor firmidome nos, o dito sennor obispo, et cabidoo mandamos-las seellar de nossos seellos pendentes.

Que foy feyta XXVIIe dias de março, era de mill et CCC LXXXª et hun annos.

Testemoyas que a esto foron pressentes: Ruy Martines de Cortinas; Martin Peres, clerigo do dito sennor obispo; Pedro Dias de Boveda; Affonso Fernandes Coquin; Gomes Peres de Boveda; Migeel Sanches, ts..

Et demays nos, o dito sennor obispo, firmamos-la de nuestra mano. Frey Iohannes episcopus.

Et eu Iohan Sanches, notario publico da çiudat et del obispado de Lugo dado por auctoridat del obispo desse lugar, a todo lo sobredito et con as ditas testemoyas presente fuy et por mandado del dito senor obispo esta carta en mi presencia fis escrivir et pus y mi signo en testemoyo de verdat. (+).