GMH/ÍNDICE A-Z

75
1309, abril, 6. Lugo
O bispo e o Cabido de Lugo outórganlle a Fernando Eanes un soar na rúa Miñá, freguesía de San Pedro, e reciben a cambio unha casa no Burgo Novo, freguesía de Santiago.

MADRID, AHN, Carp. 1332 B/3, cart. part. por a.b.c., perg. orix., galego, gótica cursiva, 190x225 mm.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 49r.

LUGO, AC, Tumbillo Nuevo, fol. 95r e v. CAÑIZARES: p. 933.

Sabeam quantos esta carta virem, commo nos don frey Iohan, por la gracia de Deus bispo de Lugo, con outorgamento do cabidoo desse miismo lugar, fasemos tal escambio con vosco Fernando Eanes do Campo, valedeyro por sempre, conven a saber que nos, o bispo sobredito, damos a vos o dito Fernando Eanes, a ossa plaça que he na rua Minaa su a capella de San Pedro, et ias entre la casa d'Affonso Eanes vosso yrmao da una parte, et a casa de Marina Iohannes, moller que foy d'Affonso Paez, da outra, con suas pertenenças et dereyturas, que a aiades et possuyades por iur d'erdamento para sempre vos et toda vossa voz d'aqui endeante, et que façades dela toda vossa voontade. Et eu Fernando Eanes sobredito dou a vos, o bispo, et a vossos sucessores, por escambio desta plaça sobredita, a myna casa que eu ey en Burgo Novo su a capella de Santiago, ena qual ora moran Sancha Rodriguez et Maria Perez, et ias da una parte entre la casa de Fernan Peres, notario que foy, et da outra parte entre la casa do cabidoo, con suas pertenenças et dereyturas que a aiades et possuyades vos et vossos sucessores d'aqui endeante por iur de herdamento por sempre, et façades della toda vossa voontade. Et nos as ditas partes nos obligamos por todos nossos bees moviles et rayz de fasermos de pas este escambio unos a outros. Et demays renunçiamos que nunca contra esto possamos viir por nos nen por outros en juyso nen fora de juyso, et se o por ventura algun de nos de nos (sic) quiser faser que lle non valla nen seia oydo sobre elo. Et que esto seia çerto et non venna en dulta nos o bispo et cabidoo et Fernando Eanes sobreditos rogamos a Françisco Lopes, notario publico de Lugo, que fesesse ende dous estrumentos partidos por A.B.C. ambos en un tenor, et por mayor firmidume nos o bispo et cabidoo fesemoslos seelar de nossos seelos colgados.

Feyto foy esto no coro da eglesia de Lugo, VI dias d'abril, era de mill et CCC ET XLªVIIe annos.

Testemoyas: don Aras Ferrnandez, chantres de Lugo, Maestre Affonso, arçidiago de Deçon, Fernan de Deus, coengo de Mendonedo, Fernando Alvarez, raçoeyro de Lugo, Iohan Peres, clerigo do coro de Lugo, Fernan Peres et Pedro Eanes, mercadores, Afonso Peláez, mercador, Gonçalvo Eanes de San Martino dos Condes, testemoyas, et outros.

Et eu Françisco Lopes, notario publico de Lugo, a esto presente fuy et esta carta escrivi a rogo dos sobreditos, et puge en ela meu signal en testemoyo de verdade.

SIGNO