GMH/ÍNDICE A-Z

871
1386, marzo, 26. Lugo
Afonso Gómez dóalles ao bispo e á igrexa de Lugo o que lle pertence en Santa Eulalia de Vilar de Cabalos, a oitava parte do casal de Quintás e unha porción do casal de Ribado na freguesía de Santa María de Xiá, e recibe a cambio tres moios de pan, catro marabedís e unha porcalla anuais.
MADRID, AHN, Cód. 417 B, fol. 36v.

Sabean quantos esta carta viren commo nos dom frey Pedro Lopes da orden dos pregadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, por nos et en nome de nosa iglesia, da huna parte, et eu Afonso Gomes de Villamene por min et por toda minna vos et herdeyros, da outra parte, fasemos entre nos tal enprasamento que seia firme et valedeyro para senpre jamays, segundo aqui dira. Conven a saber que eu, o dito Afonso Gomes, dou para senpre jamays por jur de vosa herdade a vos, o dito sennor obispo, et a vosa iglesia todas las herdades et casas et arvores et jures et pertenenças et dereyturas que eu aio et me perteesçen por nome et vos et herança de meus fillos que ouve de Costança Peres, minna muller que fuy, que se finaron en meu poder menores de ydade depoys da morte da dita sua madre, enna fiiglesia de Santa Eoalla de Villar de Cavallos, et a oytava parte que me por elles perteesçe do casal et casas et herdades chamado de Quintaas que he sito enna fiigresia do couto de Santa Maria de Gian, et dou-vos mays a dozeva parte que me perteesçe do casal et herdades chamado do Rivado que he enna dita fiigregia de Santa Maria de Gian que eu comprey de Gonçalvo Gasey; as quaes herdades et casas et arvores sobreditas et quinoes dos ditos casares vos dou, segundo dito he, por jur de vossa herdade con todas suas dereyturas et pertenenças, et por esta presente carta vos pono logo et apodero enno jur et posison et propiedade delas, et tiro ende a min et a toda minna voz para senpre, et obligo min et todos los outros meus bees que ora ajo et ouver d’aqui adeante de vos-las faser de pas a todo tempo.

Et nos, o dito sennor obispo, asi reçebemos de vos, o dito Afonso Gomes, as ditas herdades et casas et arvores et quinoes de casares que nos dades para nos et para a dita nosa iglesia, et damos-vos por elas en enprasamento que ajades et tenades por en todos vossos dias de nos et da dita nossa iglesia, tres moyos de pan et quatro maravedis et huna porcalla en cada hun anno que nos son devidos, et mandamos que a vos seian pagos en esta maneyra: dous moyos de pan que nos deve et ha de dar en cada hun anno de renda [espazo en branco] do noso casal chamado de Santa Marita, que he sub signo de San Martino do Couto; et outro moyo de pan et quatro maravedis et a dita portalla que nos vos devedes en cada hun anno do nosso casal chamado de Villamenne, que vos de nos et de nossa iglesia teedes en foro, enno noso couto de Vilamene, do qual dito pan et moravedis et porcalla mandamos que aiades et vos seia pago et descontado enna maneyra sobredita que a nos et a nosa iglesia he devido en cada hun anno, segundo dito he, por en todos vossos dias sen enbargo de nosa iglesia et nosso et de nosos subçesores. Et eu, o dito Afonso Gomes, asy reçebo de vos, o dito sennor obispo, o dito pan et moravedis et porcalla enna maneyra que mo dades, et se mays valen as ditas herdade que o dito pan et moravedis et portalla douho en firme et pura doaçon et en esmola por minna alma et d’aqueles cuio fuy a dita vossa iglesia et a vos, et prometo de nunca lla revogar en ninhuna maneyra, et se o tentar de faser mando que me non valla nen seia sobrelo oydo.

Et nos, o dito sennor obispo, asy reçebemos de vos o dito enprasamento et doaçon para nos et para a dita nosa iglesia, et outorgamos- vos o dito pan et moravedis et portalla, et obligamos os bees de nossa iglesia de voslo faser de pas. Et que esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a Afonso Touron, notario publico de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor.

Que foron feytas en Lugo, viinte et seys dias de março, anno da naçença de noso Salvador Ihesu Christo de mill et tresentos et oyteenta et seys annos. Testemoyas: Fernando Gonçalves de Moreda; Ruy Lourenço de Yder; Fernando Garçia de Mera; Aras de Paradela, clerigo; Afonso Eanes de Villamene; Johan Domingues de Yder, et outros.

Et eu Affonso Touron, notario publico de Lugo por la auctoridade do dito sennor obispo, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente fuy et a rogo das ditas partes esta carta en mina presença fis scrivir et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.