GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

157
13251325, marzo, 3
foro

Os clérigos do coro afóranlle a perpetuidade a Xoán Xiráldez, cóengo, un soar de casa no Outeiro, do que o portal dá á rúa do Outeiro, por 2 mrs.

ACOu, Clérigos do Coro, 18

Sabeam quantos esta carta virem que en presença de min Lourenço Dominguez notario d’Ourense e daz testz. sub scriptas Pero Eanez moordomo, Estevoon Fernandez e Martin Dominguez que se dizem procuradores da universidade dos clerigos do coro da igleia d’Ourense polo poder que deles ham e por seu mandado que dizem que deles ham, damos e outorgamos a foro a vos Johan Giraldez coengo d’Ourense e a toda sua vos para senpre hun soar de casa con seu seydo que oz ditoz clerigos do coro ham en termio d’Ourense u chaman o Outeyro u soem vender os porcos, o qual soar iaz entre a casa deste Johan Giraldez da huna parte e o soar da Triidade da autra e o dito seydo entesta na cortiña que foy de Domingo Calvo e o portal do dito soar sal na rua do Outeyro. Danlle e outorgam ao dito Johan Giraldez o dito soar e seydo con saz entradaz e seydaz e con seus dereytoz e perteenças su tal condiçon que o dito Johan Giraldez faça no dito soar huna casa e que lles dia cada anno aos clerigos do coro por dia de Sam Martiño dous mor. da moeda branca del rey dom Fernando de oyto en soldo o mor. ou a quantia deles. Et outorgam que o dito Johan Giraldez e toda sua voz seia anparado senpre a dereyto con o dito soar e seydo pelos beens dos ditoz clerigoz do coro. Et o dito Johan Giraldez por sy e por sua voz reçebeu deles o dito soar e seydo que lle dam a foro commo sobre dito he e promete e outorga a pagarlles cada anno o dito foro commo ençima dito he. Et para esto assy conprir obliga aoz clerigos do dito coro a dita casa que el fara no dito soar e se lles el ou sua voz non pagar o dito foro commo ia dito he outorga que eles possam tomar a dita casa por sua octoridade, seendo el ou sua voz ante frontados commo manda o dereyto. Et de commo esto pasou as ditas partez pidiron a min Lourenço Dominguez notario jurado sobredito que lles desse ende senllaz cartaz partidas por .a.b.c. feytaz em hun tenor e eu deyllaz. Esto foy en Ourense, tres dias de março, era de mill e trezentoz e seseenta e tres annos. Testz. que a esto forom presentez Johan Rodriguez dito Chico, Alvaro Eanez da rua dos Arçidiagoz çidadaos d’Ourense, Martin Martinez homme de Fernam Meendez d’Anbia coengo d’Ourense e Johan Dominguez clerigo samcristam da Triidade, Miguel Eanez da porta da Triidade, Pero Lourenço e Maçia Perez clerigoz do dito coro, moradores en Ourense.

Eu Lourenço Dominguez notario sobre dito porlla egleia d’Ourense foy presente a esto que sobre dito he e escrivío e puge y meu nome e meu signal en testemunyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta \de foro/ dos soares de casas que estan eno Outeyro que conpran

os porcos.