GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

423
1382, decembro, 20
foro

Xoán Bravo subafóralles a perpetuidade a Gonzalo García e a súa muller, Clara González, e a outros catro matrimonios unha cortiña e herdade, lindando cos eixidos da rúa Nova, por cuarta de viño e composta a el e 21 libras e media do foro ao cabido.

ACOu, Escrituras IV, 5

Sabean quantos esta carta viren que eu Johan Branco veziño d’Ourense morador na rua dos Çapateiros, heree por testamento dos beens de Gonçalvo Peres de Mira coengo d’Ourense que foy, dou e outorgo a foro a vos Gonçalvo Garçia morador en Ourense na rua da Barreira e a vosa moller Clara Gonçalves et a vos Ares Afonso morador na rua do Canpo e a vosa moller Tereyia Anes et a vos Johan Afonso carpenteiro morador enna rua Nova e a vossa moller Moor Lourença et a vos Fernando Ares morador na Burgaa e a vosa moller Tereyia da Looña et a vos Gonçalvo Mantena morador na rua da Burgaa e a vosa moller Tereyia Mantena et a todas vosas vozes e de cada huun de vos para senpre, huna leira de herdade e de cortiña con suas arvores sigundo que a vos os sobre ditos teedes partida e demarcada ontre vos, a que chaman a cortiña do Carregal, commo parte porla orta que foy de Johan Peres de Novoa duun cabo et do outro cabo parte porla congostra do Carregal e con outra miña cortiña que foi do dito Gonçalvo Peres et topa en çima nos ixidos das casas da rua Nova desla albergaria ata as casas en que mora Ledeçe judia e Juça do Canpo, et parte en fondo con outra cortiña de Santa Maria a Madre que vos o dito Gonçalvo Garçia agora teedes e pesuides e con outra cortiña que foi de Afonso Anes Bigalousa et en fondo con outras cortiñas que van topar na Barbaña. Aforo vos a dita cortiña e herdade sigundo que esta demarcada e sigundo que a o dito Gonçalvo Peres aforou do cabidoo da igleia d’Ourense et sigundo que a vos os sobre ditos e cada huun de vos agora teedes a jur e a mao e partida e demarcada ontre vos cada huun sobre si. Su tal condiçon que vos e vosas vozes lavredes e paredes ben cada huun de vos o seu quiñon en tal maneira que non desfalesca por mingoa de lavor e de boon paramento, et dedes a min e a miña voz de foro cada anno no tenpo da vendimia a quarta parte do viño e conposta que deus der na dita herdade e cortiña, a conposta na viña e o viño no lagar, o qual avedes de coller por min ou por meu omen et dardes lle de comer e de bever sigundo uso e costume desta çidade en quanto collerdes a dita novidade e outrosi pagaredes vos e todas vosas vozes cada anno para senpre a min e a miñas voses aos terços do anno sigundo que eu aio de pagar ao dito cabidoo viinte e huna libras et media de diñeiros brancos desta moeda usoal que agora corre de que contan quareenta par de diñeiros noves por tres livras, cada hun por la parte que ten da dita herdade en esta meneyra: vos o dito Fernand Ares e vosa moller e vosas voses oyto libras et vos o dito Ares Afonso e vosa moller e vosa vos çinco libras et vos o dito Gonçalvo Garçia e vosa moller et vosa vos duas libras et vos o dito Gonçalvo Mantena e vosa moller e vossa vos outras duas libras et vos o dito Johan Afonso carpenteiro e vosa moller e vosa vos quatro libras e media, et pagaredes o seu disemo a deus. Et do al que ajades a dita herdade e cortiña livre e quite de todo outro enbargo e encarrego e trebuto alguun. Et obligo todos los beens que foron do dito Gonçalvo Peres e todos meus beens avidos e por aver para vos anparar e defender senpre a dereito con este aforamento que vos faço et para fazer ao dito cabidoo que vos aja e reçeba por foreiros da dita herdade. Et nos os ditos Fernando Ares et Ares Afonso e Gonçalvo Garçia e Gonçalvo Mantena e Johan Afonso que somos presentes por nos e por las ditas nossas molleres e por todas nosas voses asi o outorgamos et reçebemos en nos a dita herdade e cortiña aforada de vos o dito Iohan Bravo porla maneira e condiçoens que ditas son et para a lavrarmos e pararmos ben e para pagarmos cada huun de nos os foros sobre ditos e cada huun deles sigundo que o teemos repartidos, et para conprirmos e agardarmos as condiçoens desta carta e cada huna delas obligamos todos nosos beens e de cada huun de nos gaañados e por gaañar. Et he posto ontre nos as ditas partes que qual quer que contra esto passar et o non conprir et agoardar que peyte aa outra parte que o conprir e agardar quiser por nome de penna e dinterese çen mor. da boa moeda, et a dita pena pagada ou non que esta carta e aforamento na maneira que he feyto fique firme e valla para senpre. Feyta a carta en Ourense, viinte dias de dezenbro, era de mill e quatroçentos e viinte annos. Testemunyas que a esto presentes foron Garçia Paes e Garçia Rodrigues das Tendas, Afonso Figueiro e Françisco Anes omen de min notario moradores en Ourense e outros.

Et eu Gonçalvo Oureyro notario publico da çidade d’Ourense por la igleia desse lugar que a esto presente foy e en miña presença fiz escripvyr esta carta que ende dey ao dito Johan Bravo et meu nome e signal aqui puge en testemonyo de verdade que tal he.

(sinal)