GMH/ÍNDICE A-Z

1126
1458, outubro, 6. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Pérez, á súa muller e a dúas voces dous casais en Piñeiro, freguesía de Santa María de Muxa, por renda anual de tres cargas de pan e os servicios habituais.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 11 r.
   

Saban quantos esta carta de foro viren como nos o cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por son de campana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a dita iglesia açerca da porta por donde soben a os orgoos da dita iglesia, entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos suçessores aforamos et damos aforo et averbo a bos Afonso Peres, morador en a aldea de Pineyro, et a vosa muller, Maria Peres, por en toda vosa vida de ambos, et por outras duas personas despus de vos, huna qual o postremeyro de vos nomear en sua vida ou a tempo de seu finamiento, et outra qual nomear aquella persona que por lo postremeyro de vos for nomeada, os dous casares de herdade con suas casas et casares et formaes et arbores et plantados et prados et pascos que nos avemos en o dito lugar de Pineyro, que son de nosa administraçon de Alveyros, segundo que elles a nos perteesçen et a a dita administraçon en o dito lugar de Pineyro et en a frigresia et sub signo de Santa Maria de Muja, segundo soen andar en foro ou en renda, a tal pleito et condiçon que tenades as casas dos ditos casares levantadas, cubertas et portadas et en boo paramento et as herdades ben labradas en tal maneyra que se non vaan a monte por mingoa de lavoria; et dedes en cada hun ano vos et as ditas personas de foro por los ditos casares et herdades, a o administrador de Alveyros ou a quen noso poder tever para recabdar o dito foro, tres carregas de pan postas en pas et en salvo en esta çiudade de Lugo desde dia de Santa Maria de agosto ata dia de Santa Maria de sepembre, et mays tres serviços acostumados a Ruy Lopes, liçençiado et juys administrador da dita administraçon de Alveyros, en sua vida en cada hun ano; et a finamento da postremeyra persona, que suçeder en o dito foro, que as casas dos ditos casares fiquen levantadas, cubertas et en boo paramento et as herdades ben labradas, libres, quitas et desenbargadas con todos los boos paramentos que en ellas foren feytos a nos, o dito cabidoo, ou a o administrador de Alveyros por nos. Et demays con condiçon que cada huna das ditas personas, que suçeder en o dito foro, que do dia que en el suçeder por foreyra fasta trinta dias logo siguentes nos vena mostrar como he foreyra do dito foro, sub pena que se o asi non fezer que por esse mesmo feyto perga o dito foro.

Et eu, o dito Afonso Peres, que presente estou asi reçebo o dito foro de vos, o dito cabidoo, por los modos, maneiras et condiçoes sobreditas et obligo a min et a meus beens et das ditas personas de o teer et complir et pagar segundo et en a maneyra que en esta carta de foro se conten.

Et nos, o dito cabidoo, asi vos lo outorgamos et porque seia çerto outorgamos et mandamos dello façer duas cartas de foro por lo notario iuso escripto ambas en hun tenor huna para vos, o dito Afonso Peres, et vosas personas et outra para nos, o dito cabidoo, et nosos suçessores, et por mayor firmeza mandamos seelar con noso seelo pendente a carta de vos, o dito Afonso Peres.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia esta feyra, seis dias do mes de octubre, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et çinquoenta et oyto anos.

Testemoyas que foron presentes: Afonso Martines de Galdo, chantre; Gonçalvo Peres de Carvallido, arçediano de Sarrea, Gonzalo Rodrigues de Parrega, thesoreyro, Diego Fernandes, Diego Vasques, Lopo Garçia, Juan Ares de Parrega, Rodrigo Afonso das Camoyras, Pedro Meendes, et Pedro Fernandes de Mera, canonigos da dita iglesia de Lugo.

Et eu Pedro Afonso, canonigo et notario publico da dita çiudade et obispado de Lugo por lo senor Obispo et iglesia desse lugar, a todo o suso contiudo con as ditas testemoyas presente foy et esta carta de foro por mina mao propria escrivi et aqui puge meu nome et signal acostumado en testemoyo de verdade que he tal rogado et requerido.

Non enpeesca onde vay escripto entre rengloes que dis nos que non foy viçio mays error do escrivan et eu o dito notario ho aprobo.

Petrus Alfonsi, canonicus, notarius.