GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

984
1421, novembro, 23. Lugo

Don Xoán Ruíz, vigairo no bispado de Lugo, afóralles ó deán, don Xoán Martínez, e a dúas voces o casal e as searas de San Martiño de Guillar, por renda anual de 60 marabedís.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/8, perg. orix., galego, cortesá, 210 x 320 mm; Carp. 1333 A/4, incluída en: 1438-XII-2, Lugo (CD nº 1050).

Sabean todos como eu don Johan Ruys, bacheller en decretos, arçidiano de Grado en a iglesia de Ovedo, et vigario geeral en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la graça de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por poder que para esto aio do dito senor Obispo, por quanto soo enformado et çerto que esto he probeyto et serviiço do dito senor Obispo et sua messa obispal, et por quanto as erdades do casal da iglesia de San Martino de Guillar et searas da dita iglesia que perteeçen a o dito senor Obispo et a sua mesa obispal iasen en monte et en campo et se van a perder por mingoa de as lavrar et parar ben, por ende aforo et dou avervo en nome do dito senor Obispo a vos don Juan Martines, dean da dita iglesia de Lugo, et a duas persoas a pus vos, huna qual vos nomeardes en vosa vida ou a tempo de voso finamento et outra qual nomear aquela que por vos for nomeada, et se non foren nomeadas que seian quen erdar vosos bees de dereyto. Conven a saber que vos aforo o dito casal de San Martino de Gillar et searas da dita iglesia con todos seus formaes et erdades mansas et bravas et arvores et montes et pascos et prados et iures et pertenenças et dereyturas, a montes et a fontes, per hu quer que vaan su o dito sino perteeçentes a o dito senor Obispo, a tal pleito et condiçon que vos tiredes de monte et de campo as erdades do dito lugar que iasen en el, que seia sen maliçia, onde tiraren os outros, et que mantenades as ditas erdades et casas do dito lugar en boo paramento en gisa que se non pergan con mingoa de boo paramento; et que dedes vos et as ditas persoas depus de foro et çensso por las ditas searas et casal et erdades del et froytos et rendas, et por todas las outras cousas que y Deus der, seseenta maravedis de moneda vella branca, en tres dineiros, en cada hun ano a min, ou a o dito senor Obispo, ou a o que o ouver de recadar por el en pas et en salvo. Et os que labraren o dito casal et erdades da dita iglesia han de seer quitos et exsentos de todas monedas et peytos et pedidos que viren en o dito tempo, segundo que o foron os outros caseyros et labradores do dito senor Obispo et sua iglesia. Et a finamento da postremeyra persona que o dito casal et erdades del fiquen libres et quitas et desenbargadas et ben reparadas a o dito senor Obispo et sua iglesia, et con todos los boos paramentos que en elas foren feytos.

Et eu, o dito dean, que presente estou asy reçebo de vos o dito vigario o dito foro do dito casal para min et para as ditas persoas con todas las condiçoes en ela ditas, et obligo meus beens et das ditas persoas de comprirmos et pagarmos todo asy. Et eu o dito vigario asi vos lo outorgo. Et porque esto seia çerto dey esta carta firmada de meu nome et seelada con seelo do dito senor Obispo, et sinada do notario iuso scrito.

Feyta et outorgada en Lugo, viinte et tres dias de nobenbre, ano do naçimento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et hun anos.

Testemoyas que foron presentes: don Pedro Fernandes de Tendilla, tesoreyro da dita iglesia; et Gonçalvo Redondo, clerigo do coro de Lugo; Pedro de Masoy, notario, et outros.

Eu Alvaro Fernandes das Camoyras, notario publico da çibdade de Lugo por la autoridade do senor Obispo de Lugo et iglesia dese lugar, a todo esto que sobredito he con as ditas testemoyas presente foy, et por mandado et outorgamento do dito vigario que aqui vy firmar de seu nome, et a pedimento do dito dean este foro scripvi et aqui puje meu nome et signal en testemoyo de verdade (signo).