GMH/ÍNDICE A-Z

034
1457

x (16R)

-34-108

Venta / de Fernán Seco.

Este dito dja, mes e ano4; ẽno porto de Rriãjo. Como4 eu, Rroý Dominges, morador ẽno / dito porto de Rriãjo, fillo de Pero Brãco, outorgo e coñosco que vendo firmemẽte / por juro de heredade para senpre jamais a vós, Ferrnand Seco, morador ẽno / dito porto, que sodes absente, e a vós, Françisca4 Oanes, vosa moller, que / estades presente, e a vosas boses, herdeyros e soçesores, toda a mjña parte / que eu ey e me pertẽesçe aver por bos e herẽça do dito meu padre ẽnos / tres pedaços de herdade que estã ẽno Rrial, onde chamã Vieyro, que he / ẽna freigresja de Santa Coõba de Rriãjo, segũdo están prãtados e perfey/tados de castineyros e de salgeyros e outros quaesque(e)r chantados; os / quaes hã por ljndeiros4 e se parten e estremã en esta maneyra: o primeyro pedaço / máys de baixo jas de hũa parte cabo Bieyro e da outra parte de Cordouã, e / entesta ẽno tallo de Cordouã de vós, o dito Ferrnand Seco, e da avadesa, e / vay o rrego por medjo del. Jtem o outro pedaço de medio jas sóbrela cortiña / de Durã, que tẽ por Sueyro Gomes, que está donde chamã as Quintãas e jas do outro / cabo o rrego como4 se toma do tallo de Ferrnand Rrodriges Macre ata o rrego donde / tijña Ferrnand Martíns da Rribeyra o lago do ljño, e d'outro cabo entesta ẽna / cortiña das Quintãas, que tẽ Jon Durã de bos de Jon Peres. Jtem o outro pedaço máis / d'ençima está á fonte4 de Matacãas, debaixo do camjño que vay do porto para / Santiago, que jas entre o rrego da fonte e a leira da pedra que chamã de Costãça / Lopes, que tẽ Jon Durã por Sueyro Gomes. A qual dita parte que eu ey ẽnos sobre/ditos pedaços4 así delindados vos vendo por preço e cõtía de oytẽta / morauidís vellos, de que me outorgo por bẽ cõtento e pago, por quanto los de vós / rreçebjn rrealmẽte e cõ efecto, e en rrasõ da paga rrenũçio as dúas / leys4 que falã en rrasõ della, et çétera; e se máys valen deste preço que / por ello me dades voslo dou en pura doaçõ por moytas bõas / obras que de vós ey rreçebjdo; quítome do jur e posesiõ e poño a vós, / os sobreditos, e a vosas boses e herdeyros e obrígome cõ todos meus bẽes / de vos faser çerta e sãa esta vẽta que vos faço e de tomar o pleito / e a bos contra qualque(e)r persona4 que vosla contraljar, so pena4 do dobro / da dita cõtía; outorgo109 carta de vẽta forte e firme qual paresçer de meu / signo4 cõ poder a las justiçias e rrenũçiaçõ de todas leys, et çétera. Testigos que / estauã presentes: Durã Ferrnandes, morador en Rrianjiño, e Ferrnand Gonçalues, teçelán, e Garçía / Martíns, moradores ẽno dito porto.

_______

4. Leva un trazo sobre a palabra.
108. Esta nota aparece anulada con catro trazos que a riscan en forma de asterisco.
109. Despois está riscado un u.