GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

585
1351, decembro, 23
O xuíz don Vasco Díaz dita sentenza favorable ao bispo de Lugo no preito mantido con Afonso Pérez.

MADRID, AHN, Carp. 1332 E/26, perg. orix., galego, gótica cursiva, 274x235 mm.

CAÑIZARES: p. 1063.

PIÑEIRO: Memorias, t. IV, fol. 59.

[Sabeam quantos] esta carta viren commo ante mi Vaasco Dias, iuys de Lugo, fosse contenda de iuyso entre Ruy Teynande, procurador do muyto onrrado padre et sennor don [frey Pero Lopes da orden dos preega]dores, por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, et conffessor do muy alto sennor don Pedro, rey de Castella et de Leon, da huna parte, et Affonso Peres [Cabeça, visino] de Lugo, da outra. Et logo o dito Ruy Teynande presentou ante min contra o dito Affonso Peres huna demanda feyta en tal maneira: “ante vos don Vaasco Dias, iuys de Lugo, [...] do onrrado padre et sennor don frey Pedro Lopes por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, contra Affonso Cabeça que commo o dito sennor obispo et seus [...] en possisson et costume de longo tempo que non he memoria d’omes en contrario de levar a galinna et a çevada et iantar das herdades que veen dos omes foreyros de [...]ten et perssoye et usa herdade de omes de terra vilanos en Logilde, sub signo de Santa Maria de Boveda, et non quer dar dela a galinna nen çevada nen iantar segundo [...]laa a o dito sennor. Por que vos peço en nome do dito sennor, commo seu moordomo na terraria de Bobeda, et seu procurador, que por sentença lle mandedes que me [...] sennor a galinna et çevada et iantar segundo dan das outras herdades de fasedeyra no couto de Lugo aqueles que dela son possoydores, et me entregue do que [...]slo dia que çessou de o pagar ata aqui, que estimo a dusentos moravedis. Esto digo et propono en nome do dito sennor obispo salvo me fique meu dereito en todo [...]der mudar et correger se mester for”. Contra a qual demanda o dito Affonso Peres disso que negava aquelo que se en ela continna. Et o dito Ruy Teynande disso que [...]s aquelo que podesse en lugar da prova, et para esto deu ante min testemoyas, aquelas que quiso dar, contra as quaes o dito Affonso Peres disso aquelo que entendia que era dereito, ata que anbas las partes concludiron et pediron sentença po-lo que era dito et rasoado no dito pleito. Ende eu, o dito iuys, vista et examinada a demando do dito Ruy Teynande et a prova por el feyta et o proçesso do pleito et todo o que as ditas partes ante min quiseron diser et rasoar, et avendo sobre todo conssello con omes boos leterados sabedores de dereito, dia asignado a as partes para dar sentença seendo en lugar de iulgar as partes presentes en estes scriptos deffinitive sententie pronunço: que o dito Ruy Teynande provou sua entençon, et pronunço a sentença do bispo don Iohan, que deu en esta rason, seer ninhuna assi commo aquela que foy dada maniffeste per prevaricaçionis commentum, sen parte alguna que este pleito deffendesse por parte da iglesia a o tempo que foy dada. Et restituyo a dita iglesia de Lugo polo dereito que ha o menor ia feyto mayor [...] ditas herdades, segundo mays conpridamente estava en elas a o tempo que a dita sentença foy dada pelo dito bispo don Iohan, et tornoa en seu primeiro esta[...], et iulgo por sentença que as sobreditas herdades son foreyras et que deven delas pagar, a o bispo de Lugo, iantar et çevada tan ben des o dito que obispo [...] ata aqui commo d’aqui adeante segundo he uso et costume de lle pagaren no seu couto das herdades foreyras non enbargante a carta da sentença [...] Iohan en que dis que mandou faser pesquisa sobre as ditas herdades et achou que non eran foreyras et mandou que o dito Affonso Peres non pagasse delas iantar [...] galinna, commo pola dita carta non paresia que fosse dada con conssentimento do cabiidoo, nen fosse tractada por procurador do dito bispo don Iohan nen do [...] dito obispo non podesse teer poderio de ius et de demandador en este pleito, nen a dita enquisa fosse tirada pelo dito moordomo assi commo en [...], outrossi o dito moordomo por que foy tractado o dito pleito da dita sentença non ouvesse poderio nen conssentimento do dito bispo et cabiidoo para tractar [...] nen enbargantes outrossi as cartas, que sobre esta rason foron dadas polo arçediago Pedro Roys, vigario do dito bispo don Iohan, a a sason et por Pedro [...] que foy outrossi a a sason, que foron dadas tomando fondamento da dita carta do bispo don Iohan et seendo o pleito sobre que se elas [...] tractado sen procurador do cabiidoo. Et condapno o dito Affonso Peres nas custas deste pleito et retenno a taixaçon delas en min. En testemoyo [...] a o dito Roy Tenande esta carta seellada con meu seello pendente, et por mayor firmedoe scrivi en ela meu nome.

Que foy feyto viinte et tre dias de desembro, era de mill et tresentos et oytaenta et nove annos.

Testemoyas que foron presentes: Arias Peres de Castro; Affonso [...], Affonso Lopes de Papoe, clerigo; Iohan Serodeo, alffayate; Alvar Gomes de Bobeda; Iohan de Gaaça, carniçeiro ts.