GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

751
1376, marzo, 31. Lugo
O Cabido de Lugo, por pedimento do propio interesado, prolonga nunha voz o foro outorgado a favor de Afonso Pérez, do lugar de Ventosela, na freguesía de San Paio de Veiga de Castrelo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 98r.

Era de mill et quatroçentos et quatorse annos, pustrimeyro dia de março. Estando enno coro da iglesia catedral de Santa Maria de Lugo o dayan et chantre et homes boos da dita iglesia en cabidoo por campaa taniuda, segundo que o han de usso et de custume, en pressença de min Fernan Peres, notario publico de Lugo, et dado por la autoridade de nosso sennor obispo desse lugar, et das testemoyas adeante escriptas, aparesçeu Affonso Pere do Rial, visino de Ribadavea, et disso a o dito dayan et chantre et homes boos do dito cabidoo, que pressentes eran, que ben sabian en commo el tinna delles en foro por sy et por outra perssoa despoys del o seu lugar et çelleyro de Ventosella, que he sub signo de San Payo de Veyga de Castrello, por dusentos moravedis da moneda ussual que el et a dita pessoa lles por lo dito foro avian a dar, en cada hun anno, en sua vida d’anbos, et pidio por merçee a o dito dayan et chantre et omes boos do dito cabidoo que tevessen por ben et fosse sua merçee delle pellogaren mays o dito foro, do dito lugar et çelleyro de Ventossella, en outra pessoa qual nomeasse para ello a segunda persoa, que el enno dito foro nomease, en maneyra que fosen enno dito foro tres pessoas. Et o dito dayan et chantre et omes boos do cabidoo da dita iglesia con outorgamento do dito dayan, teente amiistraçon do mes de mayo por la dita iglesia, disseron que por quanto o dito Affonso Peres era home boo et servidor da dita sua iglesia et dos beneffiçiados della, et tinna o dito lugar de Ventossellaben aproveytado et en boo paramento, que lle outorgavan et poynan enno dito foro a dita terçeyra persoa, qual nomeasse a dita segunda perssoa en sua vida ou a o tempo de seu finamento en el, por condiçon que a dita terçeyra perssoa a o finamento da dita segunda perssoa veesse a o dito cabidoo requirir et demandar o foro do dito lugar, et que desse et pagasse en sua vida, en cada hun anno, a o dito aamistrador de mayo, ou a outro qualquer aamistrador dy por lo dito cabidoo a a sazon, dusentos et viinte moravedis desta moneda que ora corre, a oyto soldos o moravedi, et que lavrasse et parasse ben as herdades et cassas do dito lugar, et as leyxase en boo paramento, livres et quitas, a a dita iglesia et cabidoo della a o tempo do seu finamento. Et outrosy que fezesse paga dos ditos moravedis, en cada hun anno, en paz et en salvo en Chantada d’Asma sen condiçon et contradiçon et excepçon ninhuna, por dia de Pascoa de Ressurreyçon, a o dito amiistrador, ou a outro por çerto recado por el, et que atendesse et comprisse et gardase todas las outras coussas et condiçoes et posturas que se continnan enno contracto do dito foro, que o dito Affonso Peres d’ante d’esto tinna feyto do dito lugar et reçebudo por sy et por la dita segunda persoa et sub as pennas en el conteudas.

Et o dito Affonso Peres en nome da dita terçeyra persoa assy reçebeu o dito foro et por las condiçoes sobreditas, et obligou por todos seus bees et della para o comprir en todo segundo dito he. Et o dito dayan et chantre et cabidoo sobredito assi outorgaron et reçeberon enno dito foro a dita terçeyra perssoa. Et porque esto seia çerto os ditos dayan et chantre et cabidoo sobreditos rogaron a min Fernando Peres, notario sobredito, que desse desto carta signada con meu signal a o dito Affonso Peres et seellada con seu seello.

Feyto en Lugo era et dias sobreditos.

Testemoyas: don Johan Affonso, dayan; don Gonçalvo Eanes, chantre de Lugo; don Rodrigo Gomes, mestrescolla; don Diego Gomes, thesoreyro desse lugar; don Pedro Arias, arçidiago de Triacastela; Thomas Gonçalves, Fernando Peres, Arias Peres, Arias Ferrnandes, Affonso Ferrnandes, coengos; Alvar Ferrnandes, Johan Garçia, raçoeyros; Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Fernando Peres, sobredito notario publico de Lugo, a todo esto que sobredito he presente foy, et aqui puge meu nome et meu signal en testemoyo de verdade.