GMH/ÍNDICE A-Z

940
1417, [marzo], 8. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles a Fernando de Agrelo e a dúas voces un lugar e casal en Vilachá de Chamoso, freguesías de San Xullao e San Miguel de Vilachá, máis dúas casas na cidade, por renda anual de 33 marabedís. O foreiro comprométese a se enterrar en Santa María de Lugo.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fs. 132 v.- 133 r. e v.
       

Sabeam quantos esta carta virem como nos o dean, persoas coengos benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo por campaa tangida dentro en o coro da dita iglesia, segundo que avemos de uso et de custume, avendo primeyramente noso consello et deliberaçon, et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nosos suçesores, et de outorgamento et consintimento de Lopo Ferrnandes, coengo en a dita iglesia de Lugo, rendeyro prinçipal dos aniversarios dela, que esta presente et outorgante, damos aforo et avervo a vos Fernan d’Agrelo, mercador, vesino et morador en a çiudade de Lugo en a rua de Burgo Novo, et a outras duas persoas despoys de voso finamento huna qual vos nomeardes en vosa / vida ou a tenpo de voso finamento, et outra persoa qual nomear aquela que por vos for nomeada, o noso lugar et casal, que foy de Afonso da Pena, que he dos ditos aniversarios [...] Villachaa de Chamoso, sub signo de San Jullao et de San Miguell de Villachaa [...] de Segovea, con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, [per hu quer que] lle perteescan sub o dito signo. Item vos avervamos et aforamos mays, et a as persoas que depoys de vos foren nomeadas en o dito foro, huna nosa casa que esta en a dita rua [...] et outra casa pequena que esta en o saydo da dita casa, a qual casa esta junto da huna parte con huna casa en que morou Fernan Gonçalves, ferreyro, et da outra parte esta junta con outra casa que foy de Afonsso Manaaboa, çapateyro, as quaes ditas casas son sub signo da Capela de Santiago desta çiudade de Lugo. Et o dito casal et lugar de Villachaa et casas et herdades del et eso meesmo estas cousas sobreditas da dita çiudade de Lugo vos, o dito Fernan d’Agrelo, nos destes en escambea por la dita casa et portaes en que vos ora morades en a rua de Burgo Novo, que he nosa et dos anyversarios da dita iglesia de Lugo, as quaes ditas casas eso meesmo vos aforamos con todas suas entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças et agoas vertes, a a tal pleyto et condiçon que vos, o dito Fernan d’Agrelo, et as persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro lavredes ou façades lavrar et parar ben as herdades do dito lugar, et tenades as casas del feytas et ergidas et ben reparadas et en boo paramento, et eso meesmo que tenades as ditas casas da dita çiudade de Lugo que vos aforamos de suso nomeadas feytas et erguydas et cubertas et ben reparadas et en boo paramento; et dedes et paguedes por todo de foro et penson en cada hun ano a o rendeyro dos ditos anyversarios en pas et en salvo en a çiudade de Lugo vos et as ditas persoas trynta et tres moravedis da moneda vella et de longos, et que os paguedes en cada hun ano por dia de San Martino de novembre en a maneyra que se pagan os outros foros dos outros bees dos ditos anyversarios da dita iglesia de Lugo. Et eso meesmo que as ditas persoas que depoys de vos vieren et suçederen en o dito foro seian teudas et obligadas cada huna de viir reçeber o dito foro do dito cabidoo, et mostrar cada huna como ficou foreyro et persona del do dia que en el quedar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, et non no fasendo asy que a dita persoa que o non feser perga o dito foro.

Et eu, o dito Fernand d’Agrelo, que presente estou por min et por las outras persoas que suçederen en o dito foro asy reçebemos o dito foro de vos, o dito dean, et cabidoo para myn et para as ditas persoas et obligo meus bees et seus de o comprirmos et pagarmos et atendermos en todo segundo et por las maneyras et condiçoes que de suso ditas son. Et demays por este foro et ben et merçede que ia de vos ey reçebidos [da mina] libre et propia voontade et sen outro costrengemento nen endusimento algun, et por devoçon que aio a a Virguen Maria outorgo et prometo et mando que finandome eu en a çiudade de Lugo que meu corpo et minas carnes seian enterradas en a dita iglesia de Santa Maria de Lugo en a [...] et se por ventura me eu mandar sepultar en outro lugar, morrendo en esta çiudade, mando que [non valla] ante dou poder conprido a vos, o dito cabidoo, que vaades por meu corpo et ho enterredes en a dita [...]. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para o dito Fernan d’Agrelo et persoas que suçederen en o dito foro et a outra que a lançase en o livro do cabidoo, et as signase de seu signal.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, oyto dias do mes de [março], ano do nasçemento / de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: don Juan Martines, dean de Lugo; don Afonso Lopes, chantre de Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; don Lopo Dias, mestrescola; don Lopo Afonso, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, juys; Lopo Ferrnandes, Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Fernan Rodrigues, Rodrigo Ares, Fernan Peres, Afonso Ares, Nuno Gonçalves, Afonso Martines, coengos; Pedro Ferrnandes, Afonso Rodrigues, Juan Ferrnandes, Fernan Ferrnandes, raçoeyros; Mestre Juan, porteyro; Fernan Yanes, sancristan do dito cabidoo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este publico instromento fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).

Pedro Ferrnandes, notario.