GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

153
1316, febreiro, 9 luns. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Pedro Bernáldez e a dúas persoas o lugar de Ventosela, no termo do celeiro de Castrelo, por 300 marabedís anuais.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 56r.- Lib. 6289 con referencia ao Lib. D, fol. 56.

Era de mill CCC et çinquaenta et quatro annos, lues, nove dias do mes de febreyro. Sabeam quantos esta carta virem commo eu Pedro Bernaldez, morador na villa de Ribadavea, reçebo de vos don Martin Eanes, dayam, et cabidoo da see de Santa Maria de Lugo, o vosso lugar que chaman Ventosela que est no termino do çeleyro de Castrelo, o qual se departe pel-los terminos que som coutados no privilegio por que o el rey don Affonso, que foy rey de Leom et de Galliça, deu a o cabidoo de Lugo. Et reçebo de vos con todas suas herdades, vinnas, casas, lagares, voontades, arvores, froyta, foros, rendas, dereyturas, perteenças, entradas, yxidas, per tal condiçon: que eu que o tenna en mina vida et de duas pessoas a pus meu pasamento, huna a pus outra; que eu et as ditas pessoas lavremos o lugar et paremos ben et reffaçamos as casas et voontades, et mantenamos o lugar en boo estado; et que vos demos eu et as ditas pessoas cada anno, por dia de Santa Maria do mes d'agosto, tresentos moravedis da moneda blanca del rey don Fernando que agora corre, na villa de Ribadavea en salvo. Et se nos fillaren a min ou a as ditas pessoas este logar el rey, ou inffante, ou endeantado que for en Galisia por el rey, ou alguna destas cousas, ou parte delas que venna por nos ou por cada hun de nos por conta verdadeyra que vos nollo reçebades en conta destes morabedis sobreditos. Et a morte da pustrimeira pessoa fique o lugar ben parado et as herdades ben lavradas, et as casas et voontade ven reffaçadas a see sobredita de Lugo, con todos boos paramentos que y foren feytos.

Et eu pedro Bernaldes sobredito por min et pol-las pessoas sobreditas obligo a vos todos meus bees a pagar os ditos CCC morabedis cada anno commo sobredito e, et a comprir todas las outras cousas que son conteudas en esta carta su pena de C morabitinos, et esta carta estia en sua revor. Et a primeira paga destes morabedis seer desta Santa Maria d'agosto primeira que ven a hu anno que sera na era de mill CCCLV annos.

Et eu Pedro Martines, notario publico jurado del rey en Ribadavea, presente fuy et escrivy et meu sinal ponno en testemoyo de verdade que tal est.(+).