GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1373
1487, abril, 14. Portomarín
Subforo do celeiro de Fonteagra, pertencente á igrexa de Lugo, outorgado por Nuno Fernández a favor de Gonzalo de Recelle e a súa muller, por renda anual de quince pares de brancas.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/1, perg. orix., galego, cortesá, 240 x 295 mm.

Sepan quantos esta de foro vyren como eu Nuno Fernandes, vesino et morador en a çiudade de Lugo, outorgo et conosco que afora a vos Gonçalvo de Reçele et a vosa muller, Elvyra Fernandes, a myna casa, que he do çeleyro de Fonte d’Agra et he de Santa Maria de Lugo, et esta entre huna casa de Roy de Castro Lasaron et outra de Juan de Lyon, que he da orden de San Juan. Conven a saber que vos la foro por lo tenpo et personas que eu teno o dito foro do çeleyro de Fonte d’Agra do senor Obispo de Lugo, et con poder de Pedro Sanches, meu fyllo, et vos la aforo con todas suas entradas et saydas segon que perteçen a dita casa, et faleçendo vos, o dito Gonçalvo de Reçelle, et vosa muller, Elvyra Fernandes, que seja persona deste dito foro fyllo ou fylla que anbos a dous ajades de consuun, et non avendo fyllo nen fylla que seja persona deste dito foro aquel ou aquela que herdar mayor parte de vosos beens en dereito. Et eu, o dito Nuno Fernandes, que presente estou, asy vos outorgo o dito foro et hobrigo a myn et a todos meus, beens mobeles et rayzes, avydos et por aver, de vos faser este dito foro saao et de pas et de vos defender con el a dereyto de quenquer que vos lo quiser contraryar.

Et eu, o dito Gonçalvo de Reçele, que presente estou, asy reçebo o dito foro, et asy me hobrigo de teer a dita casa ven coberta et ven reparada, que se non perça por mygoa de laborio et de von paramento.

Et vos, o dito Gonçalvo de Reçelle, et vosa muller, Elvyra Fernandes, daredes de foro, en cada hun ano, quinze pares de brancas a myn et a meus herdeyros que despoys de min byeren. Et faleçendo ho dito meu foro que a dita casa fyque y lybre et quita et desenbargada a Santa Maria de Lugo [con todos los boos] paramentos et meloramentos que en ela foren feytos. Et que non podades [vender] esta dita casa nen sopinorar sen eu seer requerydo ou meus [herdeyros que des]poys de min vyeren, et non [...] querendo tanto por tanto [...] a persona seja semelavele de vos. Et con condiçion que vos [et as ditas] personas seredes serventes et hobydyentes [...] a o notario de juso escripto que vos faga delo huna carta de foro [a mais forte et firme] que se poder faser de dereito con acordo et consejo de leterados.

Que foy feyta et outorgada en la vyla de Portomaryn, quatorse dyas andados do mes de abryl, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de myll et quatroçentos et oytenta et oyto anos.

Testigos que foron presentes: Nuno de Berbetouros, escudeyro; et Pedro d’Outeyro, et Pedro de Paramo, alfayate, vesinos da dita vila de Portomarin, et outros.

Eu Afonso Ares de Lario, notario de vyla de Portomaryn et Couto de Loyo da parte de Santyago por lo senor Gonçalvo de Ulloa, canonygo, et cabyldo da Santa iglesia de Santyago, con os ditos testigos presente foy, et esta carta de foro escryby et aqui meu nome et syno fys en testymoyo de verdade que tal he.

Afonso Ares de Lario, notario.