GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

D181
1459, maio, 10
Xoán González, arcediago de Baroncelle, arrenda ata o vindeiro mes de xaneiro a Álvaro Meilán, por cincuenta libras de cera, a oferta «de man beixada» nas ermidas de Santa María da Loña e San Bernabé de Par do Canizo. (fol. 56v)

Alvaro Meyllan.

A des dias de mayo en Ourense, Joan Gonçalves arçediano de Baronçelle enna iglesia d’Ourense arrendou Alvaro Meyllan a oferta de maao beijada das yrmytas de Santa Maria da Loona et de San Bernabe da Par do Caniço (ale)* doje ata o primeiro dia de janeiro primeiro que ven (por)* e mays non, por çincoeenta lybras de çera que seja booa et merchante, a qual o dito Alvaro Meyllan se obrigou de lle dar ata dia de San Martiño en esta çidade, et do al que aja todaslas ditas ofertas de disemo a deus liv-res et quites etç. et o dito Alvaro Meyllan obrigouse de lle dar as ditas çincoeenta lybras de çera ao dito termino de día de San Martiño et anbos asy se obrigaron sopenna do dobro da dita contía prinçipal etç. Tests. Pero de Miranda alcallde et (n)* Nuno d’Ousende, Gonçalvo Peres de Reqeixo rejedor, Rodrigo Meyllan.