GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

675
1366, marzo, 20. Lugo
Convenio subscrito entre o bispo e o Cabido de Lugo polo cal a igrexa de Atán queda adscrita á chantría.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 110v; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. A, fol. 110.

PALLARES: Argos Divina.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, don frey Pedro Lopes, por la gracia de Deus, obispo de Lugo, con outorgamento et consintemento de don Roy Ferrnandes, dayam, et dos homes boos do cabidoo dese lugar, seendo iuntados en cabidoo eno thesouro da iglesia de Lugo por campaa tangida, segundo que avemos de huso et de custume, catando et entendendo gram prol et honrra et serviço da dita iglesia, et en commo a dita iglesia esta minguada de servidores por razon que as rendas et froytos porque se ella servia son minguados et enperoradas en tal maneyra que as persoas et coengos dela et os coengos do aniversario dela non serven a a dita iglesia, non van a as horas tan compridamente commo soyan, et speçialmente a os matiins que he huna das horas mays neçessaria para servir a a dita iglesia, a a qual hora de matiis soyam viir viinte dos benefiçiados ou mays, et agora quando moytos son os que van a elles non chegan a dez, por rason que os anniversraios porque se servia a dita iglesia son minguados et enpeorados, asy que de çinquo mill moravedis que en outro tempo soyan valer adur chegan ora a valer dous mill, onde nos deseiando de voontade poer remedio en estes defaleçementos tan grandes et que a dita iglesia seia mellor servida, con consello et outorgamento dos ditos dayam et omes boos della, fasemos et aneyxamos et ordenamos et aiuntamos a a dignidade da chantria desta iglesia cathedral toda a iglesia d’Atan, salvo o iantar do bispo que en ella ha, et que seia aiuntada a a dita chantria a terça parte da dita iglesia, segundo que a ora tinnan et husavan don Ruy Gomes, mestrescola, que era prelado della, et Johan Dias, prestameyro da terça parte dela; et o chantre que d’aqui adeante for ena dita iglesia de Lugo ha de dar et pagar por la dita iglesia que aneyxamos et aiuntamos a a dita chantria, commo dito he, a o distribuidor dos anniversarios seysçentos moravedis, a oyto soldos cada maravedi, desta moneda husual, en cada hun anno para senpre, et hallos a dar et pagar en esta guisa: conven a saber, çinquaenta moravedis en cada mes, et o dito distribuidor que pague a aquelles que foren a os matiis aquello que acaesçer dos ditos çinquaenta moravedis cada dia, et en estes dineiros non han a seer contados, salvo aquelles que veeren a os matiis rezar et cantar, et os doentes que foren acustumados de viir a elles continuadamente sen maliçia en sua soude. Et non han en elles a seer contados o dayam, et chantre et mestrescola et sacristan salvo en senllas raçoes segundo levan os outros coengos de anniversario. Et non han en elles de seer contados outros meesteres nen raçoes dobladas algunas das que se contan ennos outros anniversarios. Et o dito chantre ha de poer na dita iglesia d’Atan capelam que a sirva, et os que veere a os matiis han de cantar hun responso de requien a a seyda deles por nosa alma.

Feyto foy esto en Lugo eno lugar sobredito, XXte dias do mes de março, era de mill et quatroçentos et quatro annos.

Testemoyas que foron presentes: don Roy Ferrnandes, dayam; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarria; don Lopo Domingues, arçidiago de Triacastela; don Roy Gomes mestrescola; don Johan Dias, thesoreyro ena iglesia de Lugo, et outros moytos das persoas et coengos dela.

Roy Peres notario.