GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

314
1334, maio, 8. Lugo
Intercambio de propiedades entre o Cabido de Lugo e Xoán Afonso, veciño do Burgo Novo.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 3r, traslado ao Libro do Cabido polo notario Roi Fernández.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos Fernan Aras, dayam, et o cabidoo de Lugo con outorgamento de Fernan Afonso, coengo dese lugar, teente a amiistraçon do mes de ianeyro, da huna parte, et Johan Afonso, escudeyro, morador en Burgo Novo, con outorgamento de sua muller, Maria Peres, da outra, façemos entre nos tal escanbea valledeyra por senpre, conven a saber que nos dayam et cabidoo sobreditos damos et outorgamos a vos, Johan Afonso et Maria Peres sobreditos, hun terreo que he enna cortina da Regoa, o qual he d’esta dita amiistraçon, commo se começa enno canto da cassa que foy de Savaschan Domingues et vay a dereyto para a carreyra que ven das cortinas de San Romao et se vay a dereyto por ella para a Porta de San Pedro, et se volve en chave contra o canto da cassa que foy de Martin Pelaes, carniçeyro, sub a cappella de Santiago. Et eu, Johan Afonso sobredito, con outorgamento da dita minna muller, Maria Peres, dou et outorgo a vos, dayan et cabidoo sobreditos, huna leyra de herdade que he huna mea oytava de çeveyra semente que iaz iuntada con outra herdade que y ha esta dita amiistraçon en Sayoane de Pena, et iaz enno lugar que chaman o Escaayro da Silva, et fere de testa enna carreyra que vay do casal da See para o camino de Sarria, et da outra testa vay contra a villa de Fontao, et sobre ella iaçen tres sucos d’erdade que foron de Marina Amada, et da outra parte iaz outra tamana herdade que se parte con ella por vara, sub signo de Sayoane de Pena. Et nos as partes sobreditas outorgamos esta escanbea por nos et por nosos susçesores et prometemos a a boa fe de non viir contra ella en ninhuna maneyra. Et que esto seia çerto et non vena en dulta rogamos a Pedro Iacome, iuys et publico notario de Lugo, que faça desto hun publico estrumento en testemoyo de verdade.

Que foy feyto VIIIº dias de mayo era de mill et CCC LXXª et dous annos.

Testemoyas que foron pressentes: don Fernan Aras, dayan; don Fernan de Deus, chantres de Lugo; don Alvar Diaz et don Pedro Roys, archidiagos; don Aras Pelaes, thesoreyro; Andres Peres, Pero Galvan, Johan Ferrnandes, Vaasco Dias, coengos; Afonso Eanes et Johan Ferrnandes, raçoeyros de Lugo; Gomes Pelaes, escudeyro; Fernan Peres, notario de Lugo, et outros ts.

Et eu Pero Iacome, iuys et notario sobredito, presente foy et de commo por ante mi pasou a rogo destas partes sobreditas fige escrivir esta carta et puge en ella meu signal en testemoyo de verdade.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, vi a carta sobredita escrita en pulgameo et signada da signal de Pero Iacome, iuys et notario sobredito, et a rogo de Johan Affonso sobredito vervo por vervo esta carta en este livro do cabidoo fis trasladar et puge y meu signal.