GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

708
1369, novembro, 3. Lugo
O bispo de Lugo, don Pedro, e o Cabido entréganlle á prioresa do mosteiro de Santa María a Nova, da mesma cidade, dúas partes da igrexa de Santiago de Vilar de Ortelle, as ermidas de San Martiño de Reboredo e de San Salvador de Verín, as rendas da igrexa de Santiago de Ferroi e o hospital de Gondar; a cambio, recibe da prioresa todo o couto de Piñeira, en Neira de Xusa, o couto de Vilar de Ortelle e diversas propiedades en Val de Pedroso, termo de Castroverde.

MADRID, AHN, Cód. 417 B, fols. 99v-100r, copia deste incluída en: 1375-VIII-2, (CD n.º 743).

Ed., TRAPERO PARDO: BCML, VI, 1956-1957, n.º 45-48, pp. 196-198.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos don frey Pedro Lopes da orden dos preegadores por la gracia de Deus et da santa iglesia de Roma, obispo de Lugo, seendo iuntados en cabidoo por campaa taniuda enno coro desa iglesia, segundo que avemos de huso et de custume, da huna parte, et eu dona Sancha, priora do mosteyro de Santa Maria a Nova da çiudade de Lugo, con outorgamento das donas do convento do dito moesteyro, da outra parte, entendendo serviço de Deus et gran prol da dita iglesia de Lugo et do dito mosteyro, fasemos entre nos taes permutaçon et concanbia que seian firmes et valiosas para senpre por nos et por todos nosos suçesores, conven a saber que nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo damos et outorgamos en permutaçon et concanbea a vos, a dita priora, et convento do dito mosteyro para vos et para vosos suçesores esto que se sigue: primeyramente as duas partes da iglesia de Santiago de Villar d’Oortelle sen cura que he enna amistraçon de Savinao, as quaes ditas partes das ditas iglesias paguen os disimos soltos das searas, segundo que ata aqui pagaron, et os terços de cada huna destas ditas iglesias, que fican, que se den a capelas ydoneos con cura, os quaes capelaes vos a dita priora et convento et vosos suçessores avedes de apresentar quando vagaren os ditos terços et cada hun delles, et que os ditos capelaes que foren postos ennas ditas iglesias, et en cada huna delas, que paguen en esta maneyra: conven a saber o capelan que for posto enna iglesia de Santiago de Villar d’Oortelle que pague a procuraçon entregamente et os pedidos et custas et carregas que a dita iglesia deve et en ella foren postos de cada anno, et os outros capelaes que foren postos ennas outras iglesias de Santa Maria Madanela de Coeses et de Sayoane do Campo que paguen as procuraçoes das ditas iglesias entregamente, et a terça parte dos pedidos que en ellas foren postos. Item vos damos et outorgamos mays a hermida de San Martino de Revoredo con todas suas dereyturas et pertenenças et herdades et moynos et pesqueyras, a montes et a fontes, tirado ende aquelo que se acustumou de levar dela de cada anno ho amistrador do mes de setembre, a qual dita hermida ora ten Vaasco Fernandes, clerigo. Item vos damos mays a hermida de San Salvador de Verin, que ora ten Gonçalvo Eanes, coego de Lugo, et Ares Ferrnandes, clerigo de Coeses, con todas suas herdades et iures. Item vos damos mays a renda da terça et oytava que nos, o dito sennor obispo, et nosa iglesia avemos enna iglesia de Santiago de Ferroe, que he da nosa mesa. Item vos damos mays o Espital de Gondaar con suas rendas et dereyturas et pertenenças, por quanto o dito espital foy estabelesçido para reçeber romeus proves en tempo que o camino françes andava por Gondaar, et por quanto o dito camio se mudou por outra parte, et o dito espital non reçebe os ditos proves non se fas y aquelo para que foy estabelesçido, et noso seia de mudar et ordenar porque a voontade dos finados seia comprida, entendendo poys o dito camino del a mudado et se os proves y non reçebian que era serviço de Deus et prol das almas dos fondadores do dito espital, damos-lo et anexamos a o dito moesteyro enno amor de Deus et por las ditas concambeas, que as donas do dito moesteyro seian tiudas de rogar a Deus por las almas dos que o dito espital fondaron et herdaron; et esto fasemos non enbargante ordenamento que delo feso noso anteçesor, obispo don Iohan, en que ordenou que as herdades que o dito espital avia en Rimian ficasen a a iglesia de Rimian et as outras herdades que avia en Gondaar a obra da nosa iglesia de Lugo, et os disemos destas herdades de Gondaar a a iglesia de Vascoas. Et esto todo vos damos et anexamos et outorgamos que aiades vos et o dito voso mosteyro para vos et para vossos suçesores sen enbargo de nos et de nosos suçesores para senpre.

Et nos, a dita priora, et donas do convento do dito mosteyro asy reçebemos de vos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo as cousas sobreditas, segundo que nos llas vos dades et outorgades, et damos-vos por ellas et outorgamos en permutaçon et concanbea todo o Couto de Pineyra con todo seu senorio, et iures et pertenenças et dereyturas que lle a el perteesçen et perteesçer deven en qualquer maneyra, segundo que o a nos mellor et mays compridamente deu Iohan Yanes de Burela que foy, que o avia comprado et gaanado por seu dereyto, o qual couto he en Neyra de Iusao, sacado ende a iglesia do dito couto con suas herdades, rendas et dereyturas et pertenenças, que fican a o dito mosteyro. Outrosy vos damos todo o Couto de Villar d’Oortelle et a iurdiçon alta et bayxa del con seus herdamentos reguengos, segundo que mays compridamente o dito couto foy dado por don Fernando de Castro a Iohan Ferrnandes de Bollanno, cavalleyro que foy, o qual dito couto o dito Iohan Ferrnandes mandou a Iohan Ferrnandes, seu neto, et que ficou en Fernan Peres, seu neto, por la clausula do testamento do dito Iohan Ferrnandes, et que as donas do dito convento herdaron do dito Fernan Peres por rason de min a dita priora por doaçon que les del fige, et por suçeson et herança do dito Fernan Peres en que ficaron, por quanto eu era ia profesa enno dito mosteyro. Et destes reguengos do dito couto ha de aver o dito cabidoo o reguengo do lugar de Boande, que he enna frigesia de Santiago de Villar d’Oortelle. Item vos damos mays ennas ditas permutaçoes et concambeas todos los casares et iures et posisoes et concambeas todos los casares et iures et posisoes et herdades con suas dereyturas et pertenenças, que o dito mosteyro ha et lle perteesçen de aver en qualquer maneyra, enno Val de Pedroso termino de Castroverde, segundo que os agora trage et husa por lo dito mosteyro don Roy Gonçalves, mestrescolla de Lugo, et mays se o nos y avemos ou nos perteesçe en alguna maneyra, os quaes casares et herdades pertesen a o dito mosteyro por doaçon que lle delo feso frey Gonçalvo Yanes de Castroverde, frayre que foy de San Domingo de Lugo, por sua alma. Et estes ditos coutos et senorios delles et iures et casares et herdades sobreditas vos damos que os aiades vos et vossos suçesores para senpre. Et nos, o dito sennor obispo, et dayan et cabidoo asy reçebemos de vos, a dita priora, et convento do dito moesteyro os ditos coutos et iures et senorios et casares et herdades de suso ditas para nos et para nosos suçesores, enna maneyra que dita he, os quaes coutos et senorios delles et casares sobreditos que nos vos, a dita priora, et donas dades ennas ditas permutaçoes et concanbeas son et an de seer da mesa do bispo por quanto as ditas iglesias et ermidas eran et perteesçian a messa do bispo, et os ditos reguengos do dito lugar de Boande de suso declarados son et an de seer son et an de seer (sic) da dita mesa do cabidoo, segundo de suso dito he, por la iurdiçon das ditas duas partes da dita iglesia de Santiago de Villar d’Oortelle, que eran do amistrador do mes de abril.

Et nos as ditas partes asy outorgamos et avemos por firmes estas ditas permutaçoes et concanbeas enna maneyra que son feytas, et prometemos por nos et por nosos sucesores de as aver por firmes et estaviles a todo tempo, et de non yr contra ellas en iuyso nen fora del, et obligamos nosos bees de as faser de pas huuns a outros, et se contesçer iuysio sobre estas ditas escambeas, ou sobre parte delas, ou enbargo algun, que nos as partes seiamos tiudos de as faser de pas huuns a outros, et para esto teer et comprir et non yr contra ello renuçiamos et partimos de nos todos dereytos et lees et foros et ferias et constituyçoes, que por nos podesemos aver para contra esto yr, que os non aleguemos nen os chamemos a elles nos, nen outren por nos, en nihun tempo. Et que esto seia çerto nos las partes mandamos delo faser duas cartas en hun tenor.

Feytas en Lugo, tres dias de noviembre, era de mill et quatroçentos et sete annos.

Testemoyas que foron presentes: o dito dayan; Iohan Dias, chantre; don Iohan Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Ares de Parrega, arçidiago de Neyra; don Vaasco Rodrigues, arçidiago de Sarrea; don Alvar Rodrigues, arçidiago de Deçon; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Triacastella; don Roy Gonçalves, mestrescolla; don Diego Gomes, thesoreyro; don Alvar Dias, iuys; Thomas Gonçalves et Gonçalvo Yanes et Pedro Ares et Fernan Peres, coegos, et Lopo Peres, porteyro do cabidoo de Lugo, et Fernan Peres, notario, et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo por lo bispo dese lugar, he con as ditas testemoyas chamado et rogado presente foy, et fis escrivir esta carta en mina presença et aqui puge meu signal.

Materias

administración; administrador; anexión; arcediago; avó; beneficio; cabaleiro; cabido; camiño; campá; capelán; catedral; catedral; chantre; cóengo; cóengo; convento; coro; couto; crego; décimos; dignidades; doazón; dominica; dominico; ermida; fábrica; familia; fidalgo; fidalgo; fisco; frade; freguesía; fundación; herdanza; hospital; mesa bispal; mesa bispal; mesa capitular; mestrescola; monxa; mosteiro; muíño; muller; neto; notario; obrigación; orde dos predicadores; padroádego; párroco; pedidos; peregrino; permuta; pesqueira; pobre; porteiro; presentación; prioresa; reguengo; rendeiro; seara; tenceiro; tenza; tesoureiro; testamento; tributos; viaxe; xenealoxía; xuíz; xurisdición; bispo

Persoas

Gonzalo Eanes, cóengo de Lugo; Álvaro Díaz, xuíz de Lugo; Álvaro Rodríguez, arcediago de Dozón; Ares Fernández, crego; Diego Gómez, tesoureiro de Lugo; Fernando de Castro, cabaleiro; Fernando Pérez, cóengo de Lugo; Gonzalo Eanes de Castroverde, dominico; Gonzalo Eanes, cóengo de Lugo; Gonzalo Pérez, notario; Lopo Pérez, porteiro; Pedro Ares de Parga, arcediago de Neira; Pedro Ares, cóengo de Lugo; Roi Afonso, arcediago de Triacastela; Roi González, mestrescola de Lugo; Sancha de Lobeira, prioresa de Santa María a Nova de Lugo; Tomé González, cóengo de Lugo; Vasco Fernández, crego; Vasco Rodríguez, arcediago de Sarria; Xoán Afonso, arcediago de Deza; Xoán Díaz, chantre de Lugo; Xoán Eanes de Burela; Xoán Fernández de Bolaño, cabaleiro; Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo

Outros

Lugo, bispado; San Domingos de Lugo, convento; Santa María a Nova de Lugo, convento; Lugo, cabido

Lugares

Amboade; Bascuas, Santa María; Bolaño, Santa Baia; Burela, Santa María; Campo, San Xoán; Castro; Castroverde; Deza, arcediagado; Dozón, arcediagado; Ferroi, Santiago; Gondar; Lugo; Neirá de Xusá, antiga xurisdición; Neira, antiga xurisdición e arcediagado; Parga, antiga xurisdición; Pedroso, val; Piñeira, San Salvador; Reboredo, San Martiño; Roma; Romeán, San Pedro; Sarria; Saviñao, O, antiga xurisdición; Triacastela; Verin, San Salvador, ermida; Vilar de Ortelle, Santiago