GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

1204
1471, xuño, 26 mércores. Lugo
O Cabido de Lugo outórgalle en pensión perpetua a Xoán de Asperante e á súa muller unha casa na rúa Nova, freguesía de San Pedro de Lugo, por renda anual de dez marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 50 v.

Sepan quantos esta carta de pension viren como nos o cabildo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabildo chamados per son de canpana tangida, segundo avemos de uso et de costume, dentro en a Capela de San Vertolameu entendendo que fasemos noso proveyto et de nosos subçesores dapmos a çenso et a pension de cada un ano et por nome de pension a vos Johan de Asperante, carpenteyro, vesino desta çiudade de Lugo, et a vosa muller, Maria Sanches, resçebentes por vos et por vosos herdeyros para sempre por jur de herdade huna casa con sua orta et saydo, que he dos aniversarios da dita iglesia et nosa por rason deles, a qual dita casa ias en esta çiudade de Lugo en a rua de rua Noba sub o signo da Capela de San Pedro, et ten por lindeyros et terminos de huna parte contra a Porta Noba huna casa de Elvira Garçia, serventa que foy de Lopo Garçia, canonigo, et da parte de bayxo contra o Portal de San Françisco huna casa de Pedro de Robra, correeyro, morador en Betanços; a qual dita casa vos dapmos a pension, segundo dito he, con todas suas dereyturas et jures et pertenenças et usos, que ha et debe aver de dereyto et de feyto, de maneyra que vos et os que desçenderen de vos posan aver et teer a casa sobredita et faser dela et en ela o que quiserdes et por ben teverdes ben asi como de vosa cousa propia, salvo que se vos ou aquel ou aqueles que subçederen en o dereyto da dita casa ha quiserdes, ou quiseren, vender que requirades primeyramente a o dito cabildo, donde a resçebedes, et que lles seia dada se a quiseren conplar por tanto quanto por ela con vedade deren; a qual dita casa con sua orta et con todas suas pertenençias vos damos et outorgamos a pension de cada hun ano, segundo dito he, por des maravedis de moeda vella de longos, et que os dedes et paguedes en a moeda que se pagaren os aniversarios da dita iglesia a o rendeyro et colledor dos aniversarios da dita iglesia, en cada un ano, por dia de San Martino de nobenbro, et çesando de pagar a dita pension por tres anos vos, ou vosos subçesores que subçederen en o dereyto da dita casa, que por ese meesmo feyto pergades et pergan todo o dereyto que en ela et a ela avedes et ouveren et se torne a nos, o dito cabildo, et a nosos subçesores; et que seia senpre pensionario da dita pension da dita casa huna persona sola et non mays, et que non posa seer devidida en mays partes antes que senpre quede en huna persona sola, como dito he, et que a non posades dar, nen vender, nen trocar, nen apenssionar a iglesia, nen a monesterio, nen a outro lugar religioso salvo a a dita iglesia de Lugo donde a resçebedes, et se o contrario feserdes, ou feseren vosos subçesores, que por ese meesmo feyto ha pergan et se torne a a dita iglesia donde a oubestes.

Et eu, o dito Juan de Asperante, que presente soo por min et por la dita mina muller et herdeyros et subçesores asi resçebo a dita casa de vos, o dito cabildo, por los modos et maneyras et condiçoes sobreditas et obligo a min et a meus bees, mobeles et rayses, presentes et futuros, et dos ditos meus herdeyros et subçesores, que subçederen en o dereyto da dita casa, de teer, conplir et gardar et pagar todo o contiudo arriba et de seer senpre en prol et en honrra do dito cabildo et benefiçiados del et non seer contra eles en ningun tempo. Et nos, o dito cabildo, asi vos lo damos et outorgamos. Et porque todo esto seia çerto nos las ditas partes outorgamos et mandamos delo faser dous contrautos firmes et fortes, anbos en un thenor, por lo notario juso escripto un para vos, o dito Johan de Asperante, et vosa muller et vosos subçesores et herdeyros, que subçederen en o dereyto da dita casa, et outro para nos, o dito cabildo, et nosos subçesores et por mayor firmesa nos, o dito cabildo, mandamos seelar con noso seelo pendente o contrauto de vos, o dito Johan d’Asperante.

Que foy feyto et outorgado en a dita çiudade de Lugo en a dita iglesia et lugar, dia carta feyra, veynte et seys dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et seteenta et un anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes a dito contrauto de pension: Juan Afonso, chantre; Alvaro Dias de Lama, arçediano de Sarrea; Gomes Garçia de Goyoso, arçediano de Deçon; Rodrigo Afonso da Rigeyra; Diego Vasques, Simon Alonso, Pedro Martines, Pedro de Mera, Afonso de Galdo, canonigos et benefiçiados da dita iglesia; et Juan Ares Mançebo, raçoeyro, et outros.

Et eu Gomes Garçia de Goyoso, clerigo da çibdade de Lugo, notario publico por las abtoridades apostolica et ordinaria, a todo ho que sobredito he en un con os ditos testigos presente foy, et esta carta de çenso et pension segundo ante min pasou et por las ditas partes foy outorgada seendo ocupado de outros negoçios por outro fielmente fis escrivir et por ende fise aqui estos meus signo et nome acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido.