GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

127
1312, decembro, 26. Lugo

Cláusula testamentaria de Gonzalo Mourán pola que lle manda ao Cabido de Lugo para aniversario unha casa na freguesía de San Pedro.

MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 6r.

Era de mil CCC Lª annos, et quotum XXVI dias de dezembro. Sabam quantos esta carta virem commo eu Affonso Perez, notario publico de Lugo, vy et lei hun testamento de Gonçalvo Mouran scripto por Aras Affonso, notario de Lugo et signalado con seu sinal, segundo se en el continna que se começava assy: «In nomine Domini amen. Era de mill et CCC Lª annos, VI dias de novembro, Sabam quantos esta carta virem etc...» enno qual testamento se continna entre las outras cousas que o sobredito Gonçalvo Mouran mandara por seu aniversario et de Urraca Guimareez et de Thereyia Garçia, a os coygos da eglesia de Santa Maria de Lugo, a casa que foy de Thereyia Garçia, en que el ora morava, que he enno Canpo sub a capella de San Pedro. Et en este testamento eran scriptas por testemoyas: Iohan Perez, capellam de San Pedro, Domingo, alcayde do Campo; Fernand Bochon, mercador de Lugo, Johanne Eanes, seu neto, Johan Affonso, mercador, seu padre; Affonso Eanes do Campo, Jacome Eanes, clerigo. (+).

Et eu Affonso Perez, notario sobredito, estas cousas de suso scriptas trasladey aqui por mina mao de verdadeyro original do dito testamento, et puge y meu sinal en testemoyo de verdade.