GMH/ÍNDICE A-Z

304
1334, febreiro, 3. Lugo
Xoán Fernández véndelle ao racioneiro Xácome Eanes o que lle corresponde na igrexa de San Vicente de Pedreda por 40 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 D/15, perg. orix., galego, gótica cursiva, 135x345 mm.

Sabeam quantos esta carta viren commo eu Iohan Ferrnandes do Tellado, morador en Rimiae, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos Iacome Eanes, raçoeyro de Lugo, et a vosa vos, hun coroado cada anno pe-llo pe do altar da iglesia de Sant Viçenço de Pedreda, con toda a renda et serviço et vianda et iur do padroadigo que me perteeçe de cada ano enna dita iglesia. Et reçebo de vos en preço por esta vençon quaraenta soldos desta moneda del rey don Affonso Affonso (sic) de que me outorgo por entrego et ben pagado, et renunçio a exçepçon do aver non contado et d’engano mays cada meatade do dereyto preço, et toda outra boa raçon et exçepçon que por min possa aver para contra esta vençon viir que as non posa diser nen alegar por min nen por outrem en iuyço nen fora del. Et para esto assy conprir et guardar et para contra esta vençon non viir faço iuramento a os santos avangeos, corporalmente taniudos con minnas maos, et obligo min et todos meus bees de vos faser senpre esta vençon de pas. Et des oie mays este dia todo meu poderio et senorio ende seia sacado et removudo de min et posto en vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo, tres dias de fevreiro, era de mill et CCC LXX et dous annos.

Testemoyas: Marcos Domingues; Fernan Eanes da Crus; Gil, omme de Fernando Martines de Cortinnas ts., et outros ts.

Et eu Ruy Ferrnandes, notario publico de Lugo, a esto commo dito he presente foy et esta carta en minna presença fis escrivir et puge en ella meu signal. (+).