GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

194
1321, febreiro, 3
Testamento de Urraca Pérez de Santalla.
MADRID, AHN, Carp. 1332 C/9, perg. orix., galego, gótica cursiva, 210x287 mm, traslado polo notario García Afonso: 1322-X-20.

Era de mill et CCC Lª IX annos, tres dias de febreiro. Eu Oraca Peres de Santa Alla con todo meu siso et mina memoria faço meu testamento et mina manda. Logo primeiramente dou mina alma a Ihesu Christo, et a sua madre Santa Maria, et a San Migeel o angeo que ma recade quando me seyr da carne, et mina carne mando suterrar en Lugo ante o altar de Santa Marina, et mando y conmigo CC soldos. Item que mando a a obra de Santa Maria de Lugo una terça et mea de pan, a os malates de San Laçero una terça. Item que [ouve do seleyro de Goyos] do bispo IIIIº terças de çeveyra et mando-las entregar. Item que devo çen maravedis de aniversario a a iglesia de Lugo por que meu avoo don Rodrigo mandou X soldos da boa moneda cada anno por una herdade en Framir, et des que morreu mina nana eu non pagey a terça d'elles que me a min perteeçia. Item que devo a San Domingo Vº oytavas de pan et mando-las dar con outras tres oytavas que le mando. Item a San Françisco IIIIº oytavas. Item duas oytavas a a Ponte de Lugo. Item que mando nove anaes por la erdade de Pedro Broollo cada anno un anal ata que foren pagados et que entren a esta herdade os fillos de Andreu Aras se quisseren por meo con mina fillas, et paguen por meo, et os digan por la alma de Pedro Broollo, et por aquelas a que el era teudo. Item que mando a a see de Lugo o meu quinon da herdade de Paaços de sobreporto por lo escayro do souto a a suso. Item que mando a a iglesia de don Salvador de Santa Alla, una terça de çeveyra, et IIIIº oytavas que le devo da manda de Roy Fernandes et mando-le a herdade de Vigo que compley de Peylin, et una colcha, et un travesseyro et quatro terças de çeveyra pra façer a boveda et un tovano grande con sua cabesça. Item que mando seysçentos soldos et un tovado boo pra un anal, et o diga Iohan Rodrigues, capellam de don Salvador, a essa igresia, ou outre se o el non quisser diçer. Item que mando o trigo et orio que eu tenno na igresia de don Salvador a a conffraria de Chamosso donde soo confrada, que son duas terças. Item a Marina Pellaes de Lancara una terça de millo por vino que eu et Roy Ferrnandes dela ouvemos. Item que mando X oytavas por la alma de Pedro Eanes, capellam que foy de Bande. Item a Fernan Rodrigues do Pedron X moravedis. Item que devo a Apariço de Villa Pape seys oytavas de çeveyra. Item e Fernan Iohanes d'Alençe IIIIº oytavas. Item mando a a igresia de Santa Maria de Penna Mayor X moravedis. Item a Mayor Peres, muller que foy de Pedro Martines, II oytavas de çeveyra. Item que mando nove varas de panno d'estopas a o salteyro que se fas a don Salvador por la alma de Tareyia Madeyra. Item una quarentenna po-la alma de Marina Louçaa na igresia de Quinte. Item que devo a Aras Eanes de Beçoçe, et a outro seu yrmao una terça de çeveyra. Item que me quito a Affonso Peres, clerigo de Lugo dito Gayo, da oytava do casal de sobre igresia de Sayoane de Tereliste, que min et meu marido Roy Ferrnandes del tinamos, et da herdade de Sevirin que foy de Martin Eanes, et da herdade de Castello que foy de Iohan Calvin; et esta quitaçon le faço destas herdades a este Affonso Peres por que se lle quitou delas o dito meu marido Roy Ferrnandes a ora da sua morte, et mandou a min que me lle quitasse delas et las entregasse, por quanto as non complaramos nen gaaramos asi commo deviamos, et eu si melles quito dellas, et las mando entregar. Item que devo a Iohan Rodrigues, clerigo, et a sua yrmaa Tareyia Rodrigues, XII oytavas de çeveyra, et pageas Tareyia Rodrigues por que mas deve, et mando o gaado que eu trago con Tareyia Rodrigues para pagar o anal que eu mandey. Item que mando o meu quinon da herdade de Vileyga a o espital de Portomarin. Item que mando a Affonso Lopes de Santo Estevan un anal de seyscentos soldos por la alma de meu padre et de mina madre, pe-lo que el conmigo ten lavrado, et por lo gaado, et un porco dos melores que el conmigo trage. Item que mando a a igresia de Perrelinos IIIIº oytavas de pan. Item a Santa Alla de Quinte IIIIº oytavas. Item a Maria Peres de Rayros CL soldos por ovellas que eu et Roy Ferrnandes del ouvemos. Item a Affonso Eanes, meu criado, una terça de çeveyra. Item a Marina Iohanes de Quinte LX soldos por sua alma hu viren que le mays valedeyros poden seer, et outro meo anal mando a Affonso Lopes per aquelo que conmigo ten, et a quarentena de Marina Louçaa. Item que se la que veer en verdade dicendo que le eu alguna cousa devo pe-los santos avangeos, que seia de boa fama mando que lo pagen con estas outras devedas et mandas que aqui son escritas. Et este dou por postremeyro meu testamento valedeyro pra sempre, et que se cumpra todo ben et compridamente por lo meu aver, et por la mina herdade, en todas las cousas que en el dis, asi o que mando commo o que devo commo o de que me quito, asi movel commo rays, et leyxo minas fillas Mayor Rodrigues et Elvira Rodrigues por minas herees en aver et en herdade en quanto eu ey et devo por aver des que for todo esto pagado, assi commo sobredito he. Et leyxo por meu executor et compridor deste meus testamento o arçidiago don Fernan Aras de Paramo, et peçolle por Deus et por merçee que mo cumpla ou faça cumplir. Et que esto seia çerto et non possa viir en dulta rogey a Miguel Eanes, notario publico del rey na Pobla de San Iulao, que me feçesse ende este testamento.

Testemoyas: Martin Affonso, clerigo; Affonso Lopes de Santo Estevan, clerigo; Iohan Rodrigues, capellan; Pedro Pellaes, Fernan Rodrigues de Quinteella; Aras Deçe.

Eu Miguel Eanes, notario sobredito, a rogo de Oraca Peres escrivi este testamento et puge y meu sinal.

Et eu Garçia Affonso, notario publico de Lugo, vy o testamento sobredito scripto et sinado do sinal de Miguel Eanes, notario sobredito, segundo por el apparesçia, nen era raso nen cancellado, nen entrelinado, nen en nenuna parte de si sospeyto segundo outrossi por el appareçia, et a rogo de Affonso Peres, clerigo dito Gayo, et por mandado et auctoridade de Garçia Manteyga, coengo de Santiago et vigario gearal de don Rodrigo, por la gracia de Deus bispo de Lugo, figeo trasladar en mina presença no tenor sobredito, vervo por vervo, nenuna coussa eaduda nen mudada, por que se podesse mudar a sustançia da verdade do dito testamento, et puge en este traslado meu sinal.

Que foy tirado do dito testamento XX dias d'outono, era de mill et CCC LXta annos.

Testemoyas: Diego Ferrnandes, Roy Garçia, Pedro Eanes, Affonso Peres et outros ts.

Materias

alcume; alimentos; aniversario; arcediago; audiencia diocesana; auto xudicial; avó; cabido; cama; canon foral; capelán; catedral; cebada; celeiro; cisterciense; colcha; confraría; construción; convento; crego; criado; cumpridor; débeda; doazón; doente; dominico; esposa; esposo; evanxeos; fábrica; familia; filla; filla; franciscano; fundación; gando; gran; herdanza; hospital; igrexa; irmá; irmán; leproso; marabedí; mesa bispal; mesa capitular; millo miúdo; misa; mosteiro; nai; neto; notario; orde do Cister; orde dos irmáns menores; orde dos predicadores; ovella; pan; panos; parcería; ponte; porco; provisor; quita; sepultura; soldo; souto; testamenteiro; testamento; traslado; trigo; venda; vigairo; viño; viúva; xuíz; xuramento; muller

Persoas

Afonso López; Afonso López de Santo Estevo; Afonso Pérez; Afonso Pérez, dito Gaio, crego; André Ares; Aparicio de Vilapape; Ares Deza; Ares Eanes de Becoce; Diego Fernández; Don Rodrigo; Elvira Rodríguez; Fernando Ares do Páramo, arcediago de Deza; Fernando Eanes de Alence; Fernando Rodríguez de Quintela; Fernando Rodríguez do Pedrón; García Afonso, notario; García Manteiga, cóengo de Santiago; Maior Pérez, viúva; Maior Rodríguez; María Pérez de Rairos; Mariña Louzán; Mariña Páez de Láncara; Martiño Eanes; Miguel Eanes, notario; Pedro Brollo; Pedro Eanes; Pedro Eanes, capelán; Pedro Martínez; Pedro Páez; Rodrigo Ibáñez, bispo de Lugo; Roi Fernández; Roi García; Roi Ibáñez, bispo de Lugo; Tareixa Madeira; Tareixa Rodríguez; Xoán Calviño; Xoán Rodríguez, capelán; Xoán Rodríguez, capelán; Urraca Pérez de Santalla

Outros

Lugo, bispado; Pobra de San Xulián, terra; Portomarín, hospital; San Domingos de Lugo, convento; San Francisco de Lugo, convento; Santa María de Penamaior, mosteiro; Santiago de Compostela, cabido; Lugo, cabido

Lugares

Alençe; Bande, San Pedro; Betote,San Vicenzo; Búbal, San Salvador; Búbal, Santa Baia; Castelo; Chamoso, San Cristovo; Dom Salvador, cappellam; Framil; Gaioso, terra, antiga xurisdición; Láncara; Lugo; Paaços de Sobreporto; Páramo, antiga xurisdición; Penamaior, Santa María, mosteiro; Perliños, San Martiño; Portomarín; Quinte, Santalla; Quinteela; Rairos, Santa Lucía; Santalla; Santiago de Compostela; Santo Estevo; Seviriin, herdade; Trasliste, San Xoán; Vigo; Vilalpape, San Bartolomeu; Vileyga, herdade