GMH/ÍNDICE A-Z

869
1386, marzo, 1. Lugo
O Cabido de Lugo afóralle ao clérigo Fernando Pérez e a dúas voces unha herdade en San Cibrao de Recesende por renda anual de 10 fanegas de cebada e a obriga de construír unha casa e un celeiro.
MADRID, AHN, Carp. 1332 G/ 10 (bis), perg. orix., galego, gótica cursiva, 144x262mm; atado 3316.

Anno da naçença de noso sennor Ihesu Christo de mill et CCC LXXXVIe annos, primeyro dia de março.

Commo nos o cabidoo da iglesia de Lugo estando juntados en noso cabidoo por campana tanjuda enno coro desa iglesia presente et outorgante dom Johan Afonso, dayan desa iglesia, et as outras pesoas et coengos della, aforamos a vos Fernan Peres, clerigo de Sant Çibrao de Reçessende, que estades presente et reçebente, por vosa vida et de duas persoas depus vos, a huna qual vos nomeardes em vida ou vosa morte et outra qual nomear aquella que vos nomeardes, a nosa herdade de Reçesende que he da nosa mesa, que foy de Pero Boudon de Castro Verde, que he sub signo de San Çibrao de Reçesende, con suas dereyturas et pertenenças et casas, a a tal condiçon que vos et as ditas pesoas tenades as ditas herdades ben lavradas et em boo paramento, et que façades y d’aqui a hun anno primeyro seguente huna casa et hun çelleyro que y estan por façer et as mantenades feytas et cobertas, et que dedes de cada anno de foro vos et as ditas persoas a nosa messa de nos, o dito cabidoo, des fanegas de çeveyra aqui em salvo em Lugo sem outro custo algun por Santa Maria de setembro; et a finamento de vos et das ditas pesoas que para esto foren nomeadas que fique a dita herdade a a dita nosa mesa livre et quita con as ditas casas feytas et cobertas et con todos los boos paramentos que y foren feytos.

Et eu, o dito Fernan Peres que estou presente, por min et por las ditas pesoas asi reçebo o dito foro de vos, o dito dayan et cabidoo, et obligo meus bees et seus para o conprir et pagar em todo commo dito he. Et nos, o dito dayan et cabidoo, asi vos-lo outorgamos. Et que esto seia çerto nos as ditas partes romos (sic) a Gonçalvo Peres, notario de Lugo, que fesese desto duas cartas en hun tenor, a huna para nos o dito cabidoo et a outra para vos o dito Fernan Peres signadas de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seellar a carta do dito Fernan Peres de noso seello.

Feyta em Lugo era et dias sobreditos. Testemoyas que foron presentes: o dito dayan; et don Gonçalvo Eanes, chantre; et don Alvar Dias, arçidiago de Aveancos; don Areas Peres, arçidiago de Deçon; Afonso Eanes et Rodrigo Afonso, raçoeyros; et Lopo Peres, porteyro do dito cabidoo, ts., et outros. Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto que dito he presente foy et fis scripvir et aqui puge meu signal. (+).