GMH/ÍNDICE A-Z

1164
1465, maio, 24. Lugo

O Cabido de Lugo afóralles ó cóengo Pedro Méndez e a tres voces unha casa na rúa lucense de Batitalas por renda anual de vinte marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 419 B, f. 70 v.

Sabam quantos esta carta de foro virem como nos las personas canonigos et benefiçiados da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en a dita iglesia açerca da porta dos orgoos chamados por son de campaa, segundo que avemos de uso et de costume, outorgamos et conosçemos et aforamos et damos aforo et avervo a vos Pedro Mendes de Foriis, canonigo da dita iglesia, et a outras tres personas depoys de vos, huna qual vos nomeardes en vida ou a o tempo de voso finamento, et non seendo nomeada que seia quen herdar vosos bees ou a mayor parte deles, et as outras duas personas pus aquella asi mismo seian nomeadas huna por la outra ou herdeyros, como dito he. Conven a saber que vos aforamos huna nosa casa con sua orta et poço et entradas et saydas que estan en a rua de Baticalas junta et en par con outra casa en que mora Diego Afonso de Riba de Neyra, notario, que asi mesmo he os dous terços della da dita iglesia, et sal a praça prinçipal en a dita rua publica, a qual he et perteesçe a os nosos aniversarios da dita iglesia, segundo que a tragia et soya trager Vaasco Martines, correyro, visino que foy desta çiudade, con todas suas entradas et saydas et agoas vertes et estantes, segundo sempre andou, a tal pleyto et condiçon que moredes et fagades morar et pobrar a dita casa, et que lebantedes dela a parte diante contra a rua de balcon [...] et asi a mantenades dereyta, cuberta et lebantada vos et as ditas vosas tres personas; et que diades de foro et çenso dela a os ditos nosos aniversarios viinte maravedis vellos de longos, que son des dineyros nobees o maravedi, et pagos cada hun ano por dia de San Martino de novembro en a moeda que se usar et correr et se pagaren os outros foros desta iglesia; et que cada persoa, que despoys de vos suçeder en o dito foro, seia tiuda et obligada de se viir mostrar a o dito cabildo como he persona do dito foro do dia que en el suçeder fasta trinta dias primeyros syguentes, sub pena de o perder; et a pasamento et fin da postrimeyra persona que este dito foro et a dita nosa casa fique libre et quita et desembargada a a dita iglesia et aniversarios dela con todos los boos paramentos que en ella foren feytos.

Et eu o dito Pedro Martines, canonigo, que presente estou por min et por las minas tres personas depus min asy reçebo por lo preçio et condiçoes susoditas, et obligo min et a meus bees et das ditas personas de o atendermos et comprirmos et pagarmos todo asy.

Et nos, o dito cabildo, asi vos lo outorgamos do qual mandamos a o notario de iuso escripto que faga delo duas cartas de foro en un thenor para cada hun a sua, et as signe de seu signo et a vosa seia seellada con noso seello.

Que foy feyta et outorgada en o dito lugar, a viinte et quatro dias de mayo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et sesenta et çinquo anos.

Testigos que foron presentes et outorgantes: Afonso Martines, chantre; et Gonçalvo Rodrigues, arçediano de Triacastella; et Gonçalvo Rodrigues de Parga, thesoreyro; Gomes Vasques, Juan Arias de Parrega, Diego Vasques, Lopo Garçia, Rodrigo Afonso das Cortinas, canonigos.

Et eu Diego Fernandes de Luazes, canonigo da iglesia de Lugo et notario publico por la autoridade apostolical, a todo o sobredito en hun con os sobreditos testigos presente foy et este publico estromento por outro fielmente fige escripvir et aqui puge meu nome et signo acustumados en testemoyo de verdade. Rogado et requerido (signo).

Didacus Fernandi, notarius apostolicus.