GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

181
1319, agosto, 20. Lugo
O Cabido de Lugo dóalle a Vasco Fernández as dez oitavas de centeo anuais do casal de Santa María de Alta.
MADRID, AHN, Cód. 1042 B, fol. 59r; Libros, lib. 6289 con referencia ao Lib. D, fol. 59.

Sabeam quantos esta carta virem commo nos, dayam et cabidoo de Lugo, damos a vos Vaasco Fernandez, fillo de Fernan Nunez das Camoyras, por en todos vossos dias, as X oytavas de çenteo que vos nos avyades a dar de renda cada anno do nosso casal, que vos de nos teedes su signo de Santa Maria Alta, o qual nos mandou don Rodrigo, obispo de Mendonedo que fuy, sub tal condiçon que Ferna Nunez, vosso padre sobredito, que vos anpare a dereyto con o nosso casal de don Grande que nos mandou Nuno Martines, coengo de Lugo, que fuy de Johan Fernandez Paradela, et d'outrem quemquer que vo-lo demandar quiser. Et outrosy que vos anpare con el de força en quanto el poder. Et se o dito vosso padre o non quiser assy faser que esta doaçon que nos vos fasemos non valla. Et a vossa morte que o dito casal de Santa Maria Alta nos fique livre et quito con todos los boos paramentos que y foren feytos. Et eu o sobredito, Fernan Nunez, obligo por min et por todos meus beens a comprir todas estas cousas que sobreditas son por lo sobredito meu fillo Vaasco Fernandez.

Feyto foy esto XX dias d'agosto, era de mill et CCC LVII annos.

Testemoyas: Johan Varella de Corra, Domingo Nunes, homees de Fernando Nunes, et Affonso Perez, Andreu Perez, clerigos do coro de Lugo, et outros.

Affonso Perez, notario sobredito, fui presente et notey.