GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

393
1339, novembro, 28. Lugo
O Cabido de Lugo afóralles a Afonso Pérez, prelado de San Salvador de Vileiriz, ao seu criado e a unha voz o casal de Pazos de Lama, nesta freguesía, e deben pagar, cando o deán faleza, 25 marabedís anuais para a procesión de Santa Eufemia.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 25r.

Sabeam quantos esta carta viren commo nos, o cabidoo da iglesia de Lugo, seendo iuntados no coro desa iglesia con outorgamento de don Fernan Arias, dayam dese lugar, que y estava presente, aforamos a vos Afonso Peres, prelado da iglesia de sam Salvador de Villariz, et a Arias Affonso, voso criado, fillo de Mayor Lopes, en vossos dias et a huna pesoa qual o pustrimeyro de vos nomear a tempo de seu finamento o noso casal \de Paaços/ da Lama, que e en esa fiigregia de San Salvador; o qual casal nos deu o dito dayan para a procison que aavemos a faser cada anno en dia de Santa Oufemia enno mes de setembro, por tal condiçon que vos lavredes et paredes ben as herdades do dito casal, et deste novembre primeyro que ven a çinquo annos primeyros segentes façades as casas do dito casal, et chantedes cada hun de vos dez arvores que den froyto ennas herdades deste casal, et nos dedes cada anno, depoys de finamento do dito dayan, por dia de Santa Oufemea XXV moravedis desta moneda del rey dom Afonso, et se por la ventura no pagardes estes dineiros en este dia, ou enno outro segente, que por ese miismo feyto perdades este foro. Et quando aquaeszer de vagar este casal que qualquer de vos en que ouver a ficar que o vena reçeber de nos, et a pasamento da pustrimeyra pesoa que fique este casal livre et desenbargado a nos et a a iglesia de Lugo con todos los boos paramentos que y foren feytos, et demays con hun boy et con sete rexellos et huna porca de provo.

Et eu, o dito Afonso Peres por min et polas ditas pesoas, asi reçebo de vos este foro et obligo min et meus bees a comprir esto que se aqui contem. Et por que esto seia çerto nos, o dito cabidoo, rogamos a Iohan Gonçales, noso raçoeyro et notario publico de Lugo, que feçese ende esta carta a qual mandamos a seelar de noso seelo pendente.

Feyta en Lugo XXVIIIº dias de novembro, era de mill et CCC LXXª VIIº annos.

Testemoyas: Gomes Pellaes, Pedro Arias das Cortinas et Afonso Arias et Gomes Afonso, homes do dito dayan.

Et eu Iohan Gonçales, raçoeyro et notario publico de Lugo por autoridade do bispo desse lugar, a rogo dos ditos dayam et cabidoo, esta carta en minna presença fige escrivir et puge aqui meu nome et meu sinal en testemoyo de verdade.