GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da catedral de Lugo. Século XIV

856
1382, novembro, 7. Lugo
O Cabido de Lugo reduce a renda que Gómez Ares e a súa muller pagaban polo foro dunhas herdades en San Xoán de Pena e outros lugares e fíxaa agora en catro fanegas de pan anuais.
MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 95r.

Era de mill et quatroçentos et viinte annos, sete dias de novembro.

Sabeam quantos esta carta vyrem commo nos o dayan et cabidoo et omes boos da iglesia de Santa Maria de Lugo, estando todos juntados en cabidoo por campaa tangida enno coro da dita iglesia, segundo que o avemos de usso et de custume, por faser graça et merçee et aiuda a vos Gomes Ares de San Fiiz de Paradela et a vossa muller, Mayor Aras, en razon do foro que nos teedes feyto das herdades de Fontao et de Alvarez et de Borneyros et de Loussado, que son sub signos de Sayoane de Pena et de Santa Coonba et de Santiago de Lageossa, de que nos vos, o dito Gomes Ares, et vossa muller, Mayor Ares, et huna pessoa depus vos aviades a dar en cada hun anno duas terças de çenteo de foro das ditas herdades a aqueles que por nos recadassen os anyverssarios, cuias as ditas herdades son; agora porque acharmos que as ditas herdades que non eran tantas nen rendyan tanto commo a aquel tempo que vos fesemos o dito foro et por vos faser ben et merçee a vos, os ditos Gomes Ares et a vossa muller, Mayor Aras, et a aquela pessoa que for nomeada de cada huuns de vos, queremos et outorgamos que non dedes mays vos, os ditos Gomes Aras et vossa muller, Mayor Aras, et aquela pessoa que for nomeada do dito foro de cda anno por vida de vos et da dita pessoa mays que quatro fanegas de pan, as duas partes de temporao et a terça de serodeo, en cada hun anno destes dous lugares, et que o dedes por la teega dereyta que ora anda, que façen tres teegas duas fanegas, et que mays non seiades tiudos de pagar por lo dito foro segundo dito he.

Et eu, o dito Gomes Ares, que estou pressente por min et por la dita minna muller et pesoa que for nomeada assy reçebo de vos, o dito dayan et cabidoo, este dito foro et merçee et graça et ajuda et ajuda (sic) que me vos fasedes, et obligo meus bees et da dita pessoa para vos pagarmos en cada hun anno as ditas quatro fanegas de pan en pas et en salvo segundo dito he. Et nos, o dito dayan et cabidoo, asy vos outorgamos as ditas herdades con os caneyros que lles perteesçen. Et porque esto seia çerto nos las ditas partes rogamos a Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, que fezesse desto duas cartas en hun tenor et mays se comprisen.

Testemoyas que foron presentes: don Johan Affonso, dayan de Lugo; don Gonçalvo Eanes, chantre; don Rodrigo Afonso, arçidiago de Deça; don Pedro Ares, arçidiago de Neyra; don Pedro Ares, arçidiago de Triacastella; don Aras Peres, arçidiago de Sarrea; don Diego Vaasques, thesoreyro; Affonso Ferrnandes, [Fernando Peres, Ares] Ferrnandes, coengos; Affonso Eanes, raçoeyro; Lopo Peres, porteyro, et outros.

Et eu Gonçalvo Peres, notario publico de Lugo, a esto foy presente et fiz scripvir et aqui puge meu signal.