GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

52
1305, xaneiro, 20
foro

O cabido afóralles a unha voz a Xoán Iáñez e á súa muller, Mariña Pérez, os lugares da Costa e da Galiana, en Cristosende, por cuarta de pan, quinta de “sachado”, media de noces e castañas e 6 mrs., coa condición de refacer as casas do lugar da Galiana.

(No reverso contén un apuntamento do 15 de setembro de 1427).



ACOu, Escrituras V, 13 bis

Sabeam quantos esta carta virem commo nos o cabidoo d’Ourense, presente e outorgante Bertolameu Perez thesoureyro e vigario de dom Gonçalvo Nunez dayam dessa igleia, damos a vos Johan Eanes de Cristosende e a vossa moller Mariña Perez o lugar da Costa e o lugar da Galiana que he su signo de Sam Salvador de Cristosende, a monte e a fonte con todas suas perteenças et apus morte de vos anbos que fique a huna vos qual vos nomeardes por tal condiçon que o lavredes e paredes bem que non fallesca por mingoa de lavor. Et dedes ende cada anno dos ditos lugares a nos ou a quen tever esta renda de nos quarta \de/ pam e quinta de sachado e meo de nozes e de castanas, et dedes ende cada anno pola festa de Sam Martiño por dereytura de cadaun dos lugares seys mor. da moeda del rey dom Fernando de que contan xvi pares de dineyros por tres mor. et se esta moeda non for en huso pagardes doutra moeda que for en huso ou a estimaçon desta segundo a estimaren dous ommes boons do cabidoo. Et se sobre alguna cousa veer contenda ontre nos o cabidoo seia detirmiado por dous do cabidoo çesante toda apelaçon. Et devedes atirar as casas daquel lugar da Galiana onde estam e poñellas en outro lugar hu o arçidiago dom Pero Rodriguez que ten de nos esta renda vir que mellor estaram e que as façades taes ou mellores commo aquelas que ora y estam. Et vos e aqueles que morarem ennos ditos lugares deven seer vassallos fiees e obedientes ao cabidoo. Et que esto seia çerto e non veña en dulta mandovos ende fazer duas cartas partidas por .a.b.c. huna para vos e outra para nos. Esto foy feyto enno coro da igleia de Sam Martiño d’Ourense, viinte dias de janeyro, era de mill e ccc xliii annos. Testemuyas que foron presentes o arçidiago dom Rodrigo e o arçidiago dom Pero Rodrigues, Johan de Pinol, Johan Rodrigues, Johan Eanes, mestre Iohan coengos.

Et eu Bartolomeu Perez thesoureiro sobredito a esto presente fuy e en mia presença fige escrivir estas cartas e meu synal y puge en cada huna delas que é tal en testimuyo de verdade.

(Sinal)

[reverso] Littera capituli cuiusdam rende in parrochia de Cristosende in Caldelas.

Anno domini mº ccccº xxviiº, dia luens, xv dias de setenbro, en Ourense, Joan d’Ortega vigario do señor obispo don Diego deu liçençia e outoridade a estas cartas para Lionor Gonçalves moller que foy de Estevo Soutelo, ajo de outorgar estas cartas ao dito mestrescola. Tests. Afonso da Costa notario, Lois Fernandes raçoeiro e Joan Afonso criado de Fernando Falaco e Gomes de Fraço clerigo.