GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

136
1318, novembro, 27
venda

Maior Fernández véndelle a Aldonza Rodríguez, viúva do cabaleiro Rodrigo Ares de Sabadelle, a súa herdade de Vilarchao por 110 mrs. de diñeiros portugueses.



ACOu, Escrituras XIV, 60

Conoçuda cousa seia a quantos esta carta viren como eu Moor Fernandez moradeira ena friguesia de Sam Lourenço de Seabal no lugar que chaman Yrminde que e no couto de Sam Pero de Rocas, fila de Fernan Peres e de Marina Peres que disen da Canba, por min e por toda mya voz vendo a vos Aldonsa Rodrigues moler de Rodrigo Ares cavaleyro que foy de Sabadele e a toda vosa voz para senpre todo o meu quiñon, voz e dereito da erdade con suas arvores todas e cortinas, con entradas e seidas e con todos seus dereitos e perteeças a monte e a fonte, lavrado e por lavrar que eu ey eno lugar que dizen Vilarchao e en seu termio que ihaz na friguesia de Sam Miguell de Calvele, que me ficou de parte de Marina Peres mia nana, sacado ende a que iha ey vendida. Vendo vos esta dita erdade e douvolla en jur de paz, tan ben a que ende avya a fora como a de dicimo a deus, que a aiades e pesuy[a]des, por preço que de vos reçeby, çento e des mor. de diñeiros purtugueses que coren a des e seis par por tres moravedis de que me outorgo por ben pagada, e pono e outorgo de vos anparar con el por min e por todos meus bees a dereito. Et quen contra esto pasar peite a vos a herdade con dobro e quanto y for melorado e aa voz del rey c mor. e a carta vala. Feita xx vii dias de novenbro, era de mill e ccclvi anos. Tests. Joan Eanes e Affonso Peres de Vilarchao, Pero Gees, Domingo Eanes das Quintaas.

(sinal)

Et eu Estevo Eanes notario en terra d’Agiar por Affonso Eanes notario pola igleia de Santiago en esta terra que foy presente e a escrivy e meu sinal y fige en test. de verdade.

[reverso] Carta de Calvelle.