GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

327
1355, marzo, 10
foro

O bispo don Xoán dá conta ao cabido de recibir por mal traballadas certas propiedades, nas que este tamén ten dereitos, e afórallas a Álvar Sánchez, e pídelle ao cabido que non se opoña ao foro.

ACOu, Bispo, 110

(ed. A. López Carreira, Ourense no século XV, 181-183)

Era de mill e trezentos e noveenta e tres annos, dez dias do mes de março. Sabbean todos que en presença de min Roy Fernandes notario pubrico da çibdade d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar e das testemuyas adeante escriptas, seendo juntados o cabidoo da igleia d’Ourense por canpaan tanjuda segundo que o ham acustumado enno curral e casas que o onrrado padre e señor dom Johan pola graça de deus bispo d’Ourense tem aqui em esta çibdade d’Ourense, presentes y o dito señor obispo e dom Pero Suares deyam e outras pesoas et coengos da dita igleia, no dito lugar e cabidoo e ante o dito señor obispo pareçeo Alvar Sanches escudeiro morador em Ourense na rua do Pumar e disso ao dito señor obispo que bem sabia em commo reçebera e fezera reçeber herdamentos que ao dito señor obispo perteençiam e eran da sua mesa, que som nas friigesias e terminos dos seus coutos de Rante e de Mysquita, tanbem aqueles en que o dito cabidoo avyam alguuns tributos e dereituras commo os outros que eran foreiros ao dito señor obispo, por quanto aqueles que os aforaram e tiinan aforados os non lavrarom nen lavravan, et os leixaron ermar e yr a monte, et o dito señor obispo perdia os seus dereitos, os quaes herdamentos que o dito señor obispo reçebera em esta rason eran estes que se seguem: Primeiramente o baçelar que está a su a igleia de Rante con outra viña que está a par dela a que chaman o Retoveo. Iten dous agros de pam que estan a par do dito baçelar. Iten outra seara que iaz ençima da igleia de Rante que vay entestar enna viña do Canpo. Iten em outra parte as herdades que foron de Tome Martinez de Cas de Meende. Iten em outra parte os casares de Curraes de Çima e o casar do Rio con a seara que foy do donna Elvyra. Iten outro casar de Curraes que foy de Martin Vasques e de sua moller Moor Anes. Iten huun paaço que está en Rante que foy de Mygueel Martinez e outra casa que foy do cabidoo que está yndo para a igleia de Rante. Iten na friigesia de San Pero de Mysquita o casar de Çedofeita con os dous agros e a meatade da cortina que foy da igleia e o casar do Canpo e o casar de Conpostela e o casar de Veives. Et disso ao dito señor obispo que bem sabia depoys que fesera o dito reçebemento dos ditos herdamentos e beens por rason dos ditos maos paramentos por que non achava quen llos tomasse aforados para lavrar, por los tributos se os y os ditos deam o cabidoo avyam, et que o dito señor que prometera quem quer que os tomasse aforados que llos daria desenbargados do dito cabidoo dalguuns dereitos se os sobre eles ou em eles avyam. Et por esta meesma condiçon que o dito Alvar Sanches que reçebera aforados do dito señor obispo os ditos herdamentos e beens para sy e para sua moller Tereyia Anes e para sua voz para senpre, e pedío ao dito señor obispo que por quanto os ditos deyam e cabidoo seian presentes que lle conprisse a dita pustura e condiçon et lle fezesse outorgar ao dito cabidoo o dito aforamento que lle tiiñan feito segundo dito avya, en gisa que o dito aforamento lle ficase desenbargado dalguus dereitos se os y o dito cabidoo ouvera ou avya, en maneira que daqui endeante el nen os ditos beens nen sua vos non fosen enbargados de parte do dicto cabidoo por esta rason. Et o dito seu señor obispo disso que era verdade que o feito dos ditos herdamentos e beens e o contrauto do dito aforamento que deles fesera ao dito Alvar Sanches pasara asy segundo que o dito Alvar Sanches disia. Et diso logo aos ditos deyan e cabidoo e hommes boons que sian presentes que por quanto eran çertos que os ditos herdamentos e beens eran propiatarios da mesa do dito señor obispo et eran hermos e desprobbados e non avyan por eles os seus dereitos gran tenpo avya, nen o dito cabidoo outrossy non ouveran nen avyan alguun anyversario ou tributo se por eles ou por parte deles lles fora posto o que de dereito non podian sobre eles poñer anyversario nen tributo a eles nen a outro ninhuun sen outorgamento. Por ende disso que o dito cabidoo non devyan faser enbargo nen demanda ao dito Alvar Sanches nen aa dita sua moller nen a sua voz sobre tal razon. Et ma[n]doulles que o relevassen e o desen por livre e por quite de tal demanda et de taees tributos e encarregos se lle eran devudos en alguuna maneira ou lles foran por eles postos, et que lle outorgasen o dito aforamento segundo a forma e a maneira que llo el avya feito e outorgado. Et os ditos deyan e cabidoo e hommes boons consiyrando que era neçesario e perteençent[e] o mandado que o dito señor obispo lles fasia sobre esta rason, et en commo o dito señor obispo nen eles non avyan nihuna prol dos ditos herdamentos. Et outrosy que o dito señor obispo non avya por que perder os seus dereitos dos ditos herdamentos que eran seus propiatarios polo anyversario ou tributo se lle por eles fora posto que eles non podian aver nelles era moy proveytoso nen perteençente. Por ende diseron a huna vos que outorgavan o dito aforamento para senpre segundo que o dito señor obispo outorgara e dera aos ditos Alvar Sanches e a sua moller et a sua voz, et se alguun tributo ou anyversario ou outro çenso ouveran ou avyan ou lles foran postos ou mandados sobre los ditos herdamentos ou sobre parte deles en alguna maneira, que se partian e quitavan delo agora e daqui endeante, et davan ende por livres e por quites aos ditos Alvar Sanches e Tereyia Anes sua moller e toda sua voz para senpre. Et desto en commo pasou o dito Alvar Sanches pedío a min notario que lle desse ende huun publico estormento signado de seu signal ou mais quantos lle conprisen para guarda e defendemento de seu dereito e de toda sua voz. Et eu de meu ofiçio deylle ende este, que foy feito en Ourense no dia e era sobre ditos. Testemuyas que a esto presentes foron Estevo Peres reytor da igleia de San Viçente d’Enfesta, Johan Affonso e Tome Anes capelaes de Santa Ouffemea, Pero Fernandes reytor da igleia de Santa Maria de Tooran, Johan Garçia porteiro do cabidoo da igleia d’Ourense.

Et eu Ruy Fernandes notario sebredito que a esto presente foy e en myña presença o fige escrivir e meu synal y puge en testemuyo de verdade que tal he.

(sinal)

[reverso] Carta de confirmaçon que feso (...) Alvar Sanches e a sua moller.