GMH/ÍNDICE A-Z

120
1312, xuño, 4
Tareixa Afonso véndelles a Xoán Pérez e á súa muller a metade de sete leiras en Meilán por 200 soldos.
MADRID, AHN, Carp. 1332 B/18, perg. orix., galego, gótica cursiva, 181x160 mm.

In Dei nomine amen. Sabeam quantos esta carta viren commo eu Thareyia Affonso de d'Esteris de boo curaçon, vendo a vos, Iohan Peres, mercador de rua Nova, et a vossa muller Dominga Iohannes, a meatade de sete leyras d'erdade, das quaes fillos de Pedro Ferrnandes, que foy do Campo, am a outra meatade; das quaes iaçen as quatro sobrel-la verea, et as tres nos lugares que aqui dis: primeiramente a unna ias a o pumar cabo outras vossas de voz dos Manioes, et outra ias en braço con outra de Pedro Rodrigues de Burgo Novo et de Mayor Eanes, et d'una testa fer en outra vossa de voz dos Manioes, et outra iaz en Pedrido cabo outra vossa et dunna testa fer nos molloes porque se departe o termino dentre Santiago de Sanmassas et de Santiago de Meyllae, et da outra fer tra-las cassas na carreyra de Suyllae. Et as quatro leyras que iaçen sobrella a verea, as duas feren de testa na verea et a huna ias a par do camino de Lugo a longo, et a outra ias entre outras dos Couteyros, en çima et en fondo iaz a de fillos de Pedro Peres et de Domingo Iohanes. As quaes leyras son su signo de Santiago de Meyllae, con suas dereyturas et pertenenças. Et reçebo de vos por esta vençon en preço duçentos soldos a IIIIº dineiros por cada tres soldos desta moneda del rey don Fernando de que me outorgo por ben pagado. Et obligo min et todos meus bees de vos faser esta vençon senpre de paz, de oie mays avedea senpre en pas vos et vossa voz pus vos, todo meu sennorio et poderio ende seia removido.

Feyta a carta da vençon, quatro dias de junyo, era de mill et CCC L annos.

Testemoyas: Iohan Martines, clerigo de Santa Maria de Meyllae; Affonso Dominguez, fillo de Domingo Xordo, que foy; Fernan Peres de Villachaa de Chamosso; Domingo Peres de Soyllae et outros ts.

Et eu Affonsso Peres, notario publico, dado pelo bispo de Lugo a o conçello desse miismo lugar a esto foy presente et esta carta escrivi et puge en ella meu signal.(+).