GMH/ÍNDICE A-Z

450
1343, maio, 28
Acta notarial relativa á toma de posesión dunha casa na rúa Nova polo racioneiro Xoán Fernández en representación do Cabido.
 MADRID, AHN, Cód. 416 B, fol. 42r.

Era de mill et CCC LXXXª et hun annos, viinte et oyto dias de mayo. En presença de min Fernando Garcia, notario publico de Lugo, et das testemoyas subscriptas, Arias Ferrnandes de Burgo Novo, en seu nome et de sua muller, Mayor Afonso, meteu corporalmente a Iohan Ferrnandes, raçoeyro, procurador do cabidoo de Lugo, en seu nome et da iglesia de Lugo, ena meatade da cassa que esta en rua Nova en que mora Affonso Pellaes, carpenteyro, con sua cortinna et con todas suas pertenenças et dereyturas. A qual meatade o dito Aras Ferrnandes comprara do dito Affonso Pellaes, estando presentes este Affonso Pellaes et [...] tirousse do iur et posison dela. Et o dito Iohan Ferrnandes asi a reçebeu en seu nome et do dito cabidoo et da iglesia de Lugo.

Testemoyas: [Fernando Peres], clerigo do coro de Lugo; Fernando Afonso, demandador; Domingo Ferrnandes, freeyro; Vaasco [...]; Iohan [...].

Eu Fernan Garçia, notario sobredito, a escripvi et fuy presente et puge y meu signal.