GMH/ÍNDICE A-Z

1392
1496, outubro, 30. Belesar
Subforo dunha viña en San Paio de Diomondi outorgado por Rodrigo de Abeia a favor de García Rodríguez, por renda anual de cincuenta cántaros de viño e medio azume por foro.

MADRID, AHN, Carp. 1333 E/13, perg. orix., galego, cortesá, 175 x 250 mm.

Sepan quantos esta carta de foro viren como eu Rodrigo d’Abeia aforo a vos Garcia Rodrigues de Bellesar en vosa vida et mays por lo tempo et personas que eu teno ganado o meu foro, et ganando eu ou minas personas este dito foro para mays tempo que asy ganen para vos et para vosas personas suçibilemente; conben a saber que vos aforo, como dito he, a vina das Praças con dous oeyros que iazen a o chaboo, et vos aforo todo esto con suas entradas et saydas a montes et a fontes por donde quer que vaan, su o syno de San Payo de Diomonde, a tal pleyto et condiçon que labredes et paredes as ditas vinas como se non perguan con mingoa de lavoor et de bon paramento, et pagaredes a o senor Obispo de Lugo, segundo que eu soo obrigado et se en a mina carta contee, et a min pagaredes, en quada hun ano, vos et vosas personas çinquoenta cantaras de voo vino puro sen agoa et sen mao sabor, et por foro et dereytura daredes et pagaredes medeo açumbre de vino, pago todo esto por dia de San Martino de novenbre. Et esto asy pago todo o al que y ober seia voso pago o diçimo a Deus.

Eu, o dito Rodrigo d’Abeia, que presente estou, asi vos lo outorgo, e obrigo a mi e a meus vees a vos lo façer sao e de paz e vos defender con este dito foro a dereito a todo tempo. Et eu, o dito Garçia Rodrigues, que presente estou, por min et por las ditas minas personas asy o reçebo de vos, et obrigo a min et a meus beens et das ditas minas personas a o comprir et pagar et reparar. Et nos as ditas partes queremos que qualquer de nos que contra esto pasar et o non comprir que perga de pena dous maravedis pares de brancas, medeos a parte que o comprir et gardar et medeos a vos del Rey de por medeo, et a pena paga ou non a carta et foro seia firme et forte et bala durante seu tempo. Et por que seia çerto et non vena en duda rogamos et mandamos a o notario presente que faça delo entre nos huna carta de foro a mays firme et forte que se poder, et a firme de seu nome et syne de seu syno.

Que foy feyta et outorgada esta carta de foro en a Ponte de Vellesar, a XXX dias andados do mes de outubro, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mil et quatroçentos et nobenta et seys anos.

Ts.que foron presentes: Pedro de Diomonde, et Afonso de Sançedo, et Afonso de Roça, et Alvaro Rodrigues, fillo del dito Rodrigo de Abeia, et otros.

Et eu Alvaro Gonçalves, clerigo de la diocesis de Lugo et notario publico por la abtoridade apostolica de Roma, a todo esto que dito he presente foy en un con os ditos testigos et esta carta de foro, segundo por ante mi pasou, et por mina mao la escripvi et aqui meu nome et syno fis en testimonio de verdade que tal es rogado et requerido.

Alvaro Gonçalves, notario apostolico (signo).