GMH/ÍNDICE A-Z

447
1343, marzo, 26. Lugo
Aldara Eanes véndelles a Arias Fernández e á súa muller media casa na rúa lucense do Burgo Novo por 200 marabedís.
MADRID, AHN, Carp. 1332 E/16, perg. orix., galego, gótica cursiva, 145x146 mm.

Sabeam quantos esta carta virem commo eu Aldara Eanes, morador en Lugo enna rua da Crus, de bon curaçon et de boa voontade vendo a vos, Areas Ferrnandes de Lugo, et a vossa muller Mayor Affonso, a meatade de huna cassa que ha enna rua de Burgo Novo, sub a cappella de Santiago de Lugo, que esta cabo outra casa de vos Aras Ferrnandes et Mayor Affonso, que vos comprastes de meu fillo, Affonso Migueles, et da outra parte outra cassa de Maria Peres, filla de Nicolao Peres, ferreyro, en que ora mora Maria Grola, et partesse por meo con os aniverssarios. Et esta dita meatade da dita cassa que vos vendo a min perteesçe por compra que fige a mia tia, Aldara Eanes, muller de Migeel Cabrito. Et vendovos-la con suas dereyturas et pertenenças, et reçebo de vos en preço por esta vençon duçentos moravedis, d’oyto soldos o moravedi, de que me outorgo por entrego et ben pagado. Et os quaes moravedis de vos reçebi en prata lavrada, que os montou en pressença do notario et das testemoyas subscriptas. Et obligo min et todos meus bees para vos faser senpre esta vençon de pas. Et logo por esta carta en pressença do dito notario et testemoyas vos meto enno iur et possisson et propriedade da dita meatade da dita cassa et tiro ende a min, et des oie mays este dia avedea senpre en pas vos et vossa vos pus vos.

Feyta a carta da vençon en Lugo XXVI dias de março, era de mill et CCCos LXXXta et hun anos.

Testemoyas que pressentes a esto foron: Affonso Peres de moesteyro d’Aguiar, freyre; Iohan Sancloyo, piliteyro; Affonso Rodrigues et Iohan Eanes, omes d’Aras Ferrnandes; Fernando Çego d’Outeyro; Iohan Martines, açemereyro.

Et eu Affonso Ferrnandes, notario publico de Lugo dado por la ouctoridade do bispo desse lugar, a esta vençon et a todo esto commo dito he con as ditas testemoyas pressente foy et esta carta escrivi et puge en ella meu signal. (+).