GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Fragmentos de notarios

F-C3
1454, decembro, 14
Vasco Martínez, prior de Xunqueira de Ambía, afora durante a súa propia vida ao notario Álvaro Afonso o lugar de Nogueira de Cima por cinco fanegas de centeo anuais. (fols. 1v-2v)

Carta de Alvaro Afonso notario. Dada.

Sabean quantos esta carta de aforamento viren como eu Vaasco Martines, prior do moesteiro de Santa Maria de Junqueira d’Anbia, dou e outorgo a foro a vos Alvaro Afonso, notario do conçello da çibdade de Ourense, que soondes presente e a vosa muller Tereyja Sanches que he absente, vesiños e moradores enna dita çibdade d’Ourense, por todo tenpo de vida de min o dito prior tan solamente e mais non, con-ven a saber que vos aforo o lugar de Nugueyra de Çima, que esta enno couto de Nugeira, que vos teendes porlo cabido da iglesia d’Ourense, o qual dito lugar vos aforo con todas suas casas e herdades e arvores e soutos e cortiñas e pastos (fol. 1v)
a montes e a fontes e con agoas correntes e vertentes e con todas suas entradas e seidas, dereitos, jures e perteesças por u quer que os aja e deva aver de dereito, por taes condiçoens que façades labrar e parar ben o dito lugar en maneira que non desfalesca por mingoa de reparamento, et que me diedes e paguedes de cada un anno en pas e en salvo de foro porlo dito lugar çinco fanegas de çenteo linpo de poo e de palla medido por medida dereita da praça da dita çibdade d’Ourense en todo o mes de agosto ou de setenbro, posto enno dito lugar de Nugeyra, e do al que ajades o dito lugar de disemo a deus por todo tenpo de miña vida libre e quite de todo outro tributo, çenso e encarrego algun, et obrigo todos meus beens e do dito meu moesteiro, cujo o dito lugar he, para vos faser saao e de pas o dito lugar de Nugeyra porlo dito tenpo de miña vida e para vos defender con el a dereito, et por esta presente carta vos dou poder conprido para que posades por vos meesmo entrar e tomar a posison do dito lugar e ho esfroytar e levar con todos los frutos e rendas a el perteesçentes, pagandome de cada un anno as ditas çinco fanegas de çenteo. Et eu o dito Alvaro Afonso que soon presente, por min e porla dita miña muller que non he presente, asi outorgo e resçebo en min aforado o dito voso lugar de Nugeira de vos o dito prior por lo dito tenpo de vosa vida por las maneiras e condiçoes que ditas son, et obrigo a min e a meus beens e da dita miña muller de vos pagar de cada un anno as ditas çinco fanegas de çenteo en pas e en salvo (segundo dito he)* por todo tenpo de vosa vida segundo dito he et conprir e agardar todas las cousas e condiçoens que en esta carta son contiiudas e cada huna delas (obrigo a elo todos meus beens /e da dita miña muller\ mobles e reyses, avidos e por aver)*, et qual quer de nos as ditas partes que contra esto for ou pasar e o non conprir e agoardar que peyte aa parte agoardante por nomme de pena, postura e interese mill mrs. (fol. 2)
de boa moeda et a pena pagada ou non esta carta e as cousas en ela contiiudas fiquen firmes e vallan por lo dito tenpo de vida de min o dito prior et moesteiro, do qual outorgey esta carta ante ho notario e tests. adeante escriptos. Que foy feita e outorgada enna dita çibdade d’Ourense enna Praça do Canpo da dita çibdade, dia sabado, catorse dias do mes de desenbre, anno do nasçemento de noso señor Ihesu Cristo de mill e quatroçentos e çinqoenta e quatro annos. Tests. que a esto presentes foron Fernan Vasques Cardoso mercador e Gonçalvo de Bouteiro e Pero Cheo vesiños da dita çibdade e Alvaro de Limia clerigo e Pero Ramos e Afonso de Desder criados e vasalos do dito prior.