GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

986
1422, xullo, 20. Lugo

Don Xoán Ruíz, vigairo do bispado de Lugo, afóralles a Xoán de Outeiro, á súa muller e a unha voz os lugares e casais de Montouto coa mesma renda que o anterior beneficiario.

MADRID, AHN, Carp. 1332 H/10, perg. orix., galego, cortesá, 215 x 345 mm.
       

Sabean quantos esta carta virem como eu Johan Ruys, bachiller en decretos, arçediano de Grado en a iglesia d’Ovedo, provisor et vicario general en o spiritual et temporal en a iglesia et obispado de Lugo por lo moyto onrrado padre et senor don Fernando por la gracia de Deus et da Santa iglesia de Roma, Obispo de Lugo, por rason que Jacome Peres, notario del Rey, que Deus perdoe, tina en foro os lugares et casares de Goyan et Montouto, que son do dito senor Obispo, os quaes son sitos en a terraria de Servian de aquel cabo a agoa, et os quaes o dito Jacome Peres demiteu a o dito senor Obispo et iglesia en un seu testamento que foy achado despoys de seu finamento, por lo qual os ditos lugares et casares estan et son vacos et a min perteesçe en nome do dito senor Obispo faser delos foro, ou arrendarlos, segundo entender que he mays serviço do dito senor Obispo et sua iglesia et mesa obispal, por ende eu, o dito vicario et provisor, veendo et entendendo que he prol et serviço do dito senor Obispo et sua mesa obispal et por quanto se os ditos lugares et casares non vaan a ermo et destruyçon, dou aforo et avervo a vos Johan d’Outeiro, escudeiro, visino de Lugo, et a vosa muller, Elvira Nunes, et a outra persoa qual o postrimeiro de vos nomear, et non seendo nomeada que seia aquel que erdar vosos bees de dereito, os ditos lugares et casares de Montouto que asi vacaron do dito Jacome Peres, et segundo que os el usava et tragia con todas suas erdades et casas et arvores et formaes et prados et pascos et montes por onde quer que vaan et lles a eles perteescan, et con todas las rendas que en eles son devidas a o dito senor Obispo, a tal pleito et condiçon que vos, o dito Juan d’Outeiro, en vosa vida et as outras personas que suçederen en o dito foro façan ben labrar et reparar as casas do dito lugar et casares, et tenan as erdades labradas et ben reparadas et as casas feitas et cubertas; et dedes de foro et penson a o dito senor Obispo, ou a seu vicario et a seus suçesores, o foro et penson que o dito Jacome Peres dava dos ditos lugares et casares en cada un ano et por lo tempo meesmo qu’el pagava; et seiades vasalo obediente do dito senor Obispo et de sua iglesia et avedes senpre seu serviço, segundo que agora fasedes; et a finamento da pustrimeira persoa que suçeder en o dito foro que os ditos lugares et casares fiquen libres et quitos et desenbargados a o dito senor Obispo et sua mesa obispal et seus suçesores con todos los boos paramentos que en eles foren feitos.

Et eu, o dito Juan d’Outeiro, que presente soo por min et por las ditas persoas que suçederen en o dito foro asi o reçebo de vos, o dito vicario, por las maneiras et condiçoes sobreditas, et obligo a min et a todos meus bees et das ditas minas persoas para pagar et comprir et atender todo en este dito foro contiudo. Et eu, o dito vicario, asi vos lo outorgo, et porque esto seia çerto mando a o notario iuso scripto que faça desto huna carta de foro et a de a vos, o dito Juan d’Outeiro, et seelada con meu seelo.

Que foy feyta et outorgada en a çiudade de Lugo, \XX/ dias do mes de julio, ano do nasçemento do noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et viinte et dous anos.

Testemoyas que foron presentes: Juan de Laredo, et Gomes da Porta Minaa, et Pedro Garçia de Fontemin, criados do dito vicario, et outros.
Archidiaconus lucensis, vicarius.

Et eu Vasco Rodrigues de Costante, notario publico da çibdade et obispado de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et este dito foro por mandado do dito vicario, et a pedimento do dito Juan d’Outeiro scripvi et puge aqui meu nome et signal en testemoyo de verdade que tal he.
Vasco Rodrigues, notario.