GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos do arquivo da catedral de Ourense (1289-1399)

371
1365, febreiro, 15
foro

Frei Lourenzo Rasca, doutor da orde de San Domingos, como cumpridor do testamento de Leonor Xil de Barrentos, afóralle a Inés Iáñez as herdades de Santa María de Melias e o quiñón do río Miño, por 80 mrs.

ACOu, Escrituras XVII, 45

(...) frey Lourenço Rasca doutor e frade da orden de Santo Domingos da (...) conpridor e heree do testamento de donna Leonor Gil de Barrentos moller que foy de Vaasco Peres Feyioo et pelo poder que me a dita dona Leonor deu enno dito testamento, dou e outorgo a foro a vos Eynes Yanes moradeira em Ourense na rua do Pumar em vossa vida tan solamente e mays non, todas las herdades e casas e cortynas e arvores e foros e dereitos e dereituras que o dito Vaasco Peres e a dita donna Leonor sua moller avyan e lles perteensçian enna friiguesia de Santa Maria de Melees et tanben o quiñon do rio Myño con os outros foros quaes quer que elles y avian. Afforo vos as ditas herdades e cortynas e casas e arvores e beens et quiñon de rio enno dito tenpo con todos seus dereitos e entradas e seydas e jures e pertesças por hu quer que as am e devan a aver de dereito, por tal condiçon que as lavredes e paredes ben e moredes as ditas casas por vos ou por outros et as mantenades em gisa que non desfalescan por mingoa de lavor e de boon paramento et dedes ende cada anno de foro em salvo a min ou miña vos ou a meu çerto mandado por dia de Sam Martiño do mes de novenbro oyteenta mor. de diñeiros brancos de des diñeiros cada mor. et por este foro as aiades enno dito tenpo livres e quites de todo outra carrega e de todo outro enbargo et de toda outra penson, et aa morte de vos a dita Eynes Yanes que fiquen as ditas herdades e casas e arvores e cortynas e foros e dereitos e quiñon de rio e beens sobre ditos a min e a miña vos livres e desenbargados con todos los boons paramentos que en elles esteveren feytos, alçada a novidade que y estever lavrada. Et obrigo todos los beens que foron do dito Vaasco Peres et da dita donna Leonor para anparar vos a dereito no dito tenpo con o dito aforamento que vos faço segundo dito he. Et eu a dita Eynes Anes que soon presente assy reçebo de vos o dito frey Lourenço Rasca doutor sobre dito o dito aforamento et enna maneira e condiçoens que ditas som, et obrigo todos meus beens movilles e reyses gaañados e por gaañar para lavrar e parar ben et conplyr e agoardar todo esto que sobre dito he. Et he posto que qual quer das partes que contra esto quiser passar et o non conplyr et aguardar que peyte aa outra parte que o conplyr et aguardar e em elo estever por nomme de penna e de interesse dusentos moravedis da dita moeda branca et a vos del rey outros (...) esta carta (e) aforamento sobre dito fique firme e valla eno dito tenpo. Feyta a carta en Our(ense …)do quinse (…) fevreiro, era de mill e quatroçentos e tres annos. Testemunyas que a esto foron presentes Gonçalvo Anes das Pias, Fernan de Calvos, correyros moradores enna rua das Chousas, Gonçalvo Garçia omme de Johan Anes de Graandeyra morador na rua Nova, frey Johan Afonso natural de Santiago conpañeiro do dito doutor.

Et eu Afonso Martines notario publico da cibdade d’Ourense porlo bispo e porla igleia desse lugar que a esto foy presente e esta carta en miña presença fis escrivir e meu signo aqui fis en testemunyo de verdade que tal é.

(sinal) [reverso] Foro que feço frey Lourenço Rasca asy commo heree de dona Leonor Gil de Barrentos moller que foy de (...).