GMH/ÍNDICE A-Z

2
   
 1416, xuño, 20.
O Concello acorda, diante da necesidade de enviar representantes á Corte do Rei con motivo do preito que a cidade de Santiago e as Vilas de Noia e Padrón, coas de Pontedeume, Ferrol e Vilalba, que os procuradores Gil Pérez e García Rodríguez consigan un empréstito de mil maravedís, responsabilizándose o Concello da devolución, para que tales representantes poidan realiza-la súa misión.
 
 Viinte dias do mes de juyo. Sabean todos que seendo o conçello, justiças et regidores jurados da çidade de Santiago juntados por crida de anafil enno sobrado da notaria de min Ruy Martines, notario da dita çidade, segundo que he de costume, presentes ende Martin Serpe et Vaasco Femandes Troquo, justiças da dita cidade, Fernan Gonçalves do Preguntoiro, Alvaro Afonso Juliate, Juan Ares da Canna, Martin Galos, Afonso Femandes Abril, homes bõos jurados enna dita çidade et en presença de min o dito Ruy Martines, notario et das testemoyas scriptas, logo enton o dito conçello, justiças et jurados diseron que por quanto eles de presente non tĩinan  maravedis algũus de que se acorresen para seus menesteres que lles era nesçesario de logo enviar a a Corte de noso señor el rey para segir hũa apelaçon que por parte do dito conçello et dos conçellos das vilas de Noya et Padron fora interposta d’ante o doutor Juan Sanches de Çubiaçu, correjdor et justiça por noso señor el rey enno Reyno de Gallisia sobre rason de hũ pleito que a eles et a os ditos conçellos fora movydo por parte dos conçellos de Pontedeume et Ferrol et Vila Alva et eles avian rogado a cataren en prestado a Gil Peres et a Garçia Rodriges, seus procuradores, que presentes estavan, que catasen enprestados mill maravedis, contando branqua a tres dineiros, que avian menester logo de presente para enviar prosegir o dito negoçio. Et os sobreditos por seu rogo sacaron enprestados os ditos maravedis et os tĩinan en seu poder para os dar onde lles mandasen; por ende que llos querian et lles plazia que os ditos procuradores se entregasen dos ditos mill maravedis da dita moeda dos primeiros que por lo dito conçello ouvesen de recabdar et acaeçendo que os ditos procuradores non ouvesen de (roto + -10 espacios) durante o tenpo de seu procuratorio maravedis algũus por lo dito conçellos que eles se obligavan (roto + -12 espacios) mos et a todos seus bẽes para dar et pagar aos ditos Gil Peres et Carçia Rodriges a cada ũu (roto + -12) mill maravedis en dineiros contados sen outra exençon et contenda algũa et que renunçiavan a toda exençon (+ -5) canonico ou çevie que non disese delo o contrario. Et desto en como pasou os ditos Gil Peres et Garçia Rodriges pediron a min, o dito notario publico, estormento para guarda do seu dereito. Esto foy enno dito lugar, mes et anno sobreditos. Ts. que foron presentes, Pero Eanes Abraldes, Vaasco Peres Abril, Va Garçia, Juan Fernandes de Grado vesiños da dita çidade.
(Fol. 1 vº)