GMH/ÍNDICE A-Z

189

abril, 10

Gonzalo Anes da Seara e Pedro Anes do Seixo, xuíces de Moreiras, ante denuncia interposta polos moradores dos outros coutos, dos que algúns veciños foran presos por impagos, alegan que responden do debido por eles mesmos e que están prestos a pagar, rexeitando calquera outra responsabilidade. (fols. 60v-61)

Os juises de Moreyras.

En este día Gonçalvo Yanes da Seara et Pero Yanes do Seixo, juises da aldea de Moreyras, diseron que en respondendo ao dito testemunyo contra elles \tomado/ e contra os moradores da aldea de Moreyras tomado porlos ditos moradores de Çebolino et de Sobrado e Seixalvo e dos outros coutos, e diseron que elles por sy e en nome dos moradores da dita aldea que elles que eran conçello sobre sy e que se os ditos moradores dos outros coutos foran presos, que foran presos por los mrs. que elles meesmos devian ( fol. 60v)
dos ditos pedidos et en rason dos mrs. que elles devian et enno dito couto que elles que eran prestes de pagar aquelo que por conta çerta lles veese de pagar et que a elles coubese de pagar et de os repartyr e tallar e faser entrega e exsepcuçon por elles e de faser todas aquelas deligençias que em elles fosen de faser por tal de o dito señor rey e seus recadadores seren pagos e servidos dos ditos mrs., e que esto lles davan por resposta negando suas estimaçoens et protestaçoens e non consentindo en ellas. Tests. Alvaro Afonso rejedor, Afonso de Meende Pero notario, Pero Lourenço de Piñor.