GMH/ÍNDICE A-Z

D153
1459, maio, 4
Afonso Coquín e Afonso Pérez, moradores en San Mamede, obríganse a pagar a Xoán Nogueira, morador en Sobrado, 1240 mrs. que lle deben pola compra de viño. (fols. 45v-46)

Joan Nugeira de Sobrado que lle feseron obrigaçon Afonso Conqin et Afonso Peres de San Momede de IM CC XL.-

Et despoys desto en este dito dia, que eran quatro dias de mayo, en Ourense, Afonso Conqín et Afonso Peres, moradores en San Momede, anbos de man comuun etç. se obrigaron por sy et por seus beens de dar et pagar (fol. 45v)
a Iohan Nugeira, morador en Sobrado, mill et dosentos et qoreenta mrs. vellos, os quaes son que lle deven de viño que del conpraron et obrigaronse de llos dar et pagar ata dia de domingo de Sant Espiritos primeiro que ven sopena do dobro, para o qual obrigaron sy et seus beens, deron poder a qual quer justiça etç. Tests. Fernando et Gomes Meyllan, Gonçalvo de Sarria, Pero Gonçalves mercador, Rodrigo d’Arnedo clerigo.