GMH/ÍNDICE A-Z

339
1357, novembro, 20
venda

Elvira Lourenza, con licenza do seu marido, Aras Pérez, véndelle a Lopo Rodríguez de Sabadelle as súas herdades en Lamagrande (Santa María de Melias) por 36 libras.

ACOu, Escrituras X, 27

Sabeam quantos esta carta viren que eu Elvyra Lourença filla de Lourenço Garçia de Melees e de sua moller Orraca Peres que foron de Melees de terra d’Aguiar, por liçençia e outorgamento de Aras Peres meu marido que he presente e outorgante, vendo para senpre por min e por toda miña voz e logo por esta presente carta entrego a vos Loppo Rodrigues de Sabadelle escudeiro todas quantas herdades eu ey e me perteençen e perteeçer deven commo quer e por qual quer rason no lugar que chaman Lamagrande que iazen na freguesia de Santa Maria de Melees da dita terra, as quaes erdades me a min perteençen por parte dos ditos meu padre e miña madre. Vendovolos ditos herdamentos con todas suas entradas e seydas e con todos seus dereitos, jures e perteenças hu quer que foren a montes e a fontes, asy que vos que as aides con o dito cassar e arvores et dedes das novydades que deus en elles der o disemo a deus livre e quite doutro enbargo e carrego ninhuun, asy que vos e vosa voz aiades para vos. Ca outorgo que reçebi de vos todo aquel preço que a min e a vos aprouvo de me por ello dardes, conven a saber trinta e seys libras de diñeiros brancos desa moeda que ora corre de que me outorgo por entrega e ben pagada en presença do notario e testemuyas adeante scritas em panno que montou a dita contia. Et se esto que vos vendo ora mays valer ou valueren daqui endeante, essa mayoria vos dou en graça. Et que façades de todo vosa propia voontade asy commo de vossos beens propios. Et para vos e vosa voz seerdes anparados e deffesos para senpre con esto que vos vendo a dereito, obrigovos todos meus beens gaañados e por gaanar. Et quen quer que vos contra esta venda veer aia a ira de deus e a miña maldiçon e peyte a vos ou a vosa voz por penna o preço dobrado e aa voz del rey outro tanto, e a penna pagada ou non esta venda fique firme e vala para senpre. Esto foy em Ourense, viinte dias de novenbro, era de mill trezentos e noventa e çinoo annos. Testemuyas Pero Yanes Graçan e Roy Peres home do dito Lopo Rodrigues, Fernand Affonso alffaiate e Estevo Yanes ferrador moradores en Ourense.

Et eu Viçente Suarez notario publico d’Ourense polo bispo e pola igleia desse lugar que a esto presente foy e o escrivy e meu nome e sinal aqui fige que tal he.

(sinal)